Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Deportes
Voltar
O CONCELLO DE BUEU RECIBIU O ESTUDO DE VIABILIDADE DA PISCINA MUNICIPAL
[Deportes]
[Do Luns, 18 de Setembro do 2017 ao Luns, 18 de Setembro do 2017]
Grupo de goberno na parcela onde se construirá a piscina
Grupo de goberno na parcela onde se construirá a piscina
O informe constata o interese de máis dun oitenta e cinco por cento da poboación na construción desta infraestrutura, que combinará piscina con salas para a actividade físico - deportiva
Dende a Alcaldía do Concello de Bueu anúnciase a chegada do estudo de viabilidade que se licitou para ver as opcións de financiamento e oportunidade para a construción dunha piscina municipal cuberta na vila. Neste sentido, Félix Juncal móstrase satisfeito, pois o documento vén a confirmar o elevado interese social da poboación, manifestado nunha aceptación de arredor do 85% dun total de 200 entrevistas que se realizaron entre a cidadanía de Bueu.
Así, o estudo levarase ao próximo plenario, previo debate na respectiva Comisión Informativa, tal e como xa adiantou onte o rexedor durante a sesión plenaria da corporación deste mes.
O documento foi realizado pola empresa Lagares Oca, quen se baseou no proxecto básico e de execución da piscina municipal da autoría do arquitecto municipal, Fernando Baeza, e na documentación complementaria, e nel explicitanse as necesidades da poboación nos ámbitos sectoriais: deportivo, terapéutico, actividades para persoas da terceira idade e/ou nenos/as en idade escolar, e outras que fomenten a saúde e o benestar social.
Nel tamén se detallan as previsións sobre a demanda de uso e a incidencia económica e social, a valoración dos datos e informes existentes que fan referencia ao planeamento sectorial, territorial ou urbanístico, os riscos operativos e tecnolóxicos na construción e explotación da obra, o custe do investimento a realizar, e o sistema de financiamento proposto para levar a bo termo esta obra.
O estudo revela que, con salas para actividades deportivas no Concello de Bueu, existe unha necesidade de que dita infraestrutura se sitúe nun lugar de proximidade aos potenciais usuarios, e cun deseño que aporte solucións a esas demandas. Por este motivo, é idónea a ubicación das Lagoas, que se localiza na zona de maior densidade de poboación do municipio, reducindo así a utilización de transporte por parte da maioría dos usuarios e usuarias.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029