Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
REGRESAN OS SÁBADOS DE TEATRO A BUEU CON O ESPERPÉNTICO CASO DO OBREIRO SEN FUTURO
[Cultura]
[Do Martes, 19 de Setembro do 2017 ao Sábado, 23 de Setembro do 2017]
Cartel O esperpéntico caso do obreiro do futuro
Cartel O esperpéntico caso do obreiro do futuro
A sesión terá lugar este sábado ás 21.00 horas no Centro Social do Mar, cun custe de 3.00 € por entrada
O Centro Social do Mar acollerá este sábado, 23 de setembro, a representación teatral “O esperpéntico caso do obreiro do futuro”, que terá lugar a partir das 21 horas da man de Lautana de Teatro. Esta actividade, que inaugura a tempada outonal e se enmarca no programa municipal de Sábados de Teatro, terá un custe de entrada de 3.00 euros.
Nesta obra, o público poderá reflexionar e gozar dunha comedia de trama subversiva onde un obreiro se atopa inmerso nun xogo no que a súa muller é a protagonista e un funcionario do Gran Estado é a conciencia do poder establecido. Da autoría de Juan Mariñas e Luis Vivanco, conta coa interpretación de nomes como Paco Alvarellos, Isabel de Toro e o mesmo Juan Mariñas. A obra, non exenta de crítica social, realiza unha reflexión sobre a seguridade e a súa influencia nas emocións do ser humano.

Sábados de teatro
A obra insírese no proxecto Sábados de teatro, posto en marcha polo Concello de Bueu coa colaboración da Deputación de Pontevedra e que supón un investimento de 6000 euros, tendo como obxectivo achegar a cultura ás nosas vidas. Ata o de agora, as obras que se puideron ver foron “O que hai que ver”, de Fulano Mengano e Citano, “As do peixe” da compañía Contraproduccións e “Que é o que precisas?”, de Expresión Produccións.

Na ligazón inferior podedes ver un video promocional da obra.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029