Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
O CONCELLO DE BUEU CREARÁ UN COMITÉ DO ENTROIDO
[Cultura]
[Do Xoves, 21 de Setembro do 2017 ao Xoves, 21 de Setembro do 2017]
Nenos e nenas disfrazados no Entroido 2017
Nenos e nenas disfrazados no Entroido 2017
A primeira reunión será este xoves ás 21.00 horas na sala de xuntas da Casa Consistorial e servirá para sentar as bases deste órgano de toma de decisións sobre esta festa popular
O Concello de Bueu vai poñer en marcha un Comité do Entroido, que estará conformado por responsables municipais, ademais das comparsas e colectivos que participan desta festa con tanta tradición na vila morracense, de cara á organización do vindeiro ano.
Así, a primeira reunión para toma de contacto será este xoves, 21 de setembro, na sala de xuntas do Concello a partir das 21.00 horas, e a ela poderán sumarse todos os colectivos e persoas que o desexen.
No encontro estará a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, quen declara que “é unha oportunidade para facer partícipes na toma de decisións a todos e todas os implicados, así como mellorar o Entroido”. A causa de convocar con tanta antelación esta reunión é que moitas das comparsas xa comezaron a ensaiar.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029