Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU CREA UN COMITÉ PARA RECUPERAR A TRADICIÓN DO ENTROIDO NA VILA
[Cultura]
[Do Venres, 22 de Setembro do 2017 ao Venres, 22 de Setembro do 2017]
Primeira reunión do Comité de Entroido
Primeira reunión do Comité de Entroido
A primeira reunión celebrouse este xoves e nela acordouse que se vai organizar unha semana de actividades para todas as idades, buscando sinerxias entre as novas alternativas e a historia
A concelleira de promoción económica e turismo de Bueu, Silvia Carballo, reuniuse este xoves cos principais colectivos e comparsas do municipio para a creación dun Comité do Entroido, cuxo obxectivo primordial é a revitalización desta festa popular entre a poboación local. A edil nacionalista mostrouse satisfeita co resultado desta primeira toma de contacto, na que os e as participantes apuntaron ideas moi interesantes a ter en conta de cara á organización do Entroido o ano que vén.
Segundo Silvia Carballo, a idea é recuperar a tradición do Entroido, o apoio ás comparsas así como iniciativas tan históricas como os “mascalleiros” que enchían as rúas das aldeas de Bueu. Outra das iniciativas sería a volver organizar os antigos bailes e premios de disfraces.
No encontro estiveron representantes de todas as comparsas da vila, así como da ANPA do CEIP Montemogos de Beluso e Marc Tager, ilustrador suízo afincado en Bueu e que está colaborando este ano na confección do Paxaro de Mal Agoiro. Ao remate, acordouse que este Comité se irá reunindo cada dous meses de cara a ir pechando a programación, que este ano pretende ofrecer unha semana de actividades para todas as idades.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029