Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ACOLLEU HOXE O ACTO HISTÓRICO DE SINATURA DA APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM
[Urbanismo]
[Do Venres, 22 de Setembro do 2017 ao Venres, 22 de Setembro do 2017]
Acto oficial de sinatura da aprobación definitiva do PXOM de Bueu
Acto oficial de sinatura da aprobación definitiva do PXOM de Bueu
O plan entrará en vigor coa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
O Concello de Bueu celebrou hoxe un fito histórico, coa sinatura da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), un instrumento que ditará o futuro urbanístico da vila morracense e no que o consistorio leva traballando case vinte anos. Precisamente a este esforzo conxunto se referiu o alcalde, Félix Juncal, durante o acto oficial que tivo lugar este mediodía no salón de plenos da Casa do Concello, e no que estiveron tamén presentes Beatriz Mato, Conselleira de Medio Ambiente, Encarnación Rivas, Directora Xeral de Urbanismo, José Manuel Cores Tourís, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, e membros da corporación municipal, como Silvia Carballo, José I. Cuervo, Martín Villanueva (BNG), Manuel Santos (PP), Ramón Cerviño (PP) e Xulio Villanueva (ACB-SON).
O alcalde mostrouse orgulloso e satisfeito, pois salientou que “moitos dos esforzos destes dez últimos anos se centraron en sacar adiante este plan, no que están implicadas tantas persoas”. O rexedor quixo facer pois unha mención especial á Directora Xeral de Urbanismo, polo apoio prestado, así como ao concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva, “quen foi capaz de xestionar este documento moi en complicidade coa cidadanía local”. Así mesmo, Juncal agradeceu a todo o funcionariado implicado, ao equipo redactor e á cidadanía, que mantivo viva a ilusión por este plan que se presenta “como un instrumento de futuro que consolidará o modelo urbanístico de Bueu, en consonancia co respecto polo medio ambiente e a natureza”.
Pola súa banda, a Conselleira de Medio Ambiente declarou que “o día de hoxe é unha data histórica para Bueu porque haberá un antes e un despois tras a sinatura deste novo plan”. Beatriz Mato referiuse á estreita colaboración entre a administración local e a autonómica, e resaltou que a vila morracense foi dos primeiros concellos en contar cun plan, alá polo 1926. Así mesmo, e tras as máis de 800 alegacións que se presentaron, Mato destacou que o presente se “trata dun plan participativo e transparente”.
Entre os obxectivos deste novo PXOM salientados pola Conselleira están a cualificación de novas reservas de solo para actividades produtivas, a protección e posta en valor do borde do litoral, a creación de novas vivendas, a ampliación do ámbito do parque empresarial de Castiñeiras, a creación de zonas verdes supramunicipais, a recuperación e posta en valor o sistema asociado ao río Bispo, ou a delimitación de zonas verdes e libres, entre outras.
Tras esta sinatura e o longo proceso de traballo, o PXOM entrará xa en vigor coa publicación tanto no Diario Oficial de Galicia (DOGA) como no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Acto oficial de sinatura da aprobación definitiva do PXOM de Bueu
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029