Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PON EN MARCHA UN OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
[Benestar Social]
[Do Luns, 25 de Setembro do 2017 ao Luns, 16 de Outubro do 2017]
Cartel Tecendo Lazos Risoterapia
Cartel Tecendo Lazos Risoterapia
A actividade insírese no programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, e o prazo de inscrición abrangue ata o 16 de outubro
O Concello de Bueu, no marco do programa da Deputación de Pontevedra Tecendo Lazos, porá en marcha un obradoiro de risoterapia creativa anti-estrés, que se celebrará todos os venres pola tarde entre 27 de outubro e o 22 de decembro. A actividade é gratuíta aínda que se precisa inscrición previa, con data límite o 16 de outubro.
Neste obradoiro, no que poderán participar persoas de entre 10 e 99 anos, tratará dinámicas e xogos da ximnasia da risa. Entre os temas que se van dar están as técnicas de liberación e desbloqueo, así como prácticas de humor e relaxación, xogos de comunicación e expresión corporal, xogos de fantasía e bromas prácticas. O obxectivo primordial é fomentar a comunicación e contacto interxeracional e promover unha actitude positiva.
Para inscrición e máis información, as persoas deberán chamar ao teléfono 986 39 00 29 (extensión 4).

Nos arquivos de abaixo poderedes descargar a solicitude de inscrición, e a de autorización para a participación de menores.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029