Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
A ASOCIACIÓN DAS ALFOMBRAS DE BUEU VIAXARÁ A MÉXICO PARA PARTICIPAR NO 2º ENCONTRO DE ALFOMBRISTAS
[Cultura]
[Do Luns, 25 de Setembro do 2017 ao Luns, 25 de Setembro do 2017]
Cartel 2º Encontro México
Cartel 2º Encontro México
Bueu é o único concello galego que estará representado neste encontro que se celebra o 6 de outubro, con motivo da celebración da Festa de San Miguel Arcángel no municipio mexicano de Uriangato
Unha delegación da Asociación das Alfombras de Bueu viaxará o vindeiro 1 de outubro á localidade mexicana de Uriangato, en Guanajato, para participar no 2º Encontro Internacional de Alfombristas, organizado pola Asociación La Octava Noche de Uriangato con motivo da Festa de San Miguel Arcángel, que terá lugar o 6 de outubro. Con este motivo, e dado o interese deste evento, convocouse unha rolda de prensa esta mañá no salón de plenos do Concello de Bueu, coa presenza de Félix Juncal, alcalde de Bueu, Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e Carmen Santos, presidenta da Asociación.
A delegación española estará formada por dous compoñentes da Asociación de Bueu e catro da Federació Catalana d’Entitats Catifaires, ademais de dous cargos da Xunta Directiva da Comisión Internacional. Así mesmo, asistirán as delegacións de Infiorata Associates Japan (Tokio), Flower Carpet Brussels (Bélxica), Asociación CulturArte de Noto (Italia), Guatemala Capital, así como compoñentes de Alfombristas Mexicanos
(Huamantla) e Patamban, ambas mexicanas.
A presidenta da Asociación das Alfombras de Bueu, Carmen Santos, destacou tamén que “este ano foi moi intenso, e os próximos e últimos eventos que nos restan serán a confección dunha alfombra e obradoiro nun municipio coruñés, así como a realización da alfombra para Nadal e os Reis Magos en Bueu”. Así mesmo, e xa para ir pensando no vindeiro ano, dende a Asociación xa avanzan a participación no VI Congreso Internacional de Arte Efémero, que se celebrará do 9 ao 11 de setembro de 2018 en Elche de la Sierra, en Albacete.
Félix Juncal, alcalde de Bueu, agradeceu á Asociación polo “inmenso e impecable traballo destes anos”. O rexedor mostrouse orgulloso xa que “o que comezou sendo unha aventura efémera, estase convertendo nun gran acontecemento que se celebra todo o ano, pasando do local ao internacional”. Así mesmo, Juncal lembrou o encontro de Santiago de Compostela, onde a presidenta do Comité Internacional, Vicenta Pallarés, lembrou a solidariedade dos alfombristas da vila morracense.
O deseño da alfombra española, cunha dimensión de cinco metros, terá diversos apartados, cos símbolos da cultura de cada grupo español e que responde ao lema de “La cultura nos une”.
Presentación do 2º Encontro Internacional de Alfombristas de Uriangato no Concello de Bueu
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029