Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
CINEMAS DE GALICIA CONTINÚA ESTE VENRES COA PROXECCIÓN DE ANGÉLICA (UNHA TRAXEDIA)
[Cultura]
[Do Mércores, 27 de Setembro do 2017 ao Mércores, 27 de Setembro do 2017]
Cartel proxección Angélica
Cartel proxección Angélica
O filme poderase ver este venres ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e contará coa presenza de Fran Gayo e Analía G. Alonso, do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)
O próximo venres, o Centro Social do Mar de Bueu acollerá a proxección de Angélica (unha traxedia), filme que se pode ver no marco de Cinemas de Galicia, un programa de colaboración entre o Concello de Bueu e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), e que está sendo xestionado polo Cineclub de Bueu. Tras o éxito de público en Lobos sucios, a proxección deste venres, que será ás 21.00 horas, contará coa presenza de Fran Gayo e Analía G. Alonso, director e programador e produtora respectivamente do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que na anterior edición supuxo a estrea en España deste documental no que se fai un retrato peculiar e intenso de Angélica Liddel, poeta, actriz e directora de teatro de vangarda. Estas dúas persoas serán as encargadas de debater co público asistente nun coloquio posterior ao visionado.
O seguinte venres, 6 de outubro, será a estrea de Toni Erdmann, o terceiro traballo asombrosamente singular da directora e guionista alemá Maren Ade, que traslada a magnífica observación humana dos seus anteriores filmes a un reino delicioso e inesperadamente cómico, que recolleu premios e louvanzas de toda a crítica europea e internacional.
As proxeccións continuarán despois cunha periodicidade quincenal e dende o Cineclub xa confirmaron algunhas das personalidades que estarán nos coloquios posteriores, una fórmula que está funcionando moi ben e que permite que o cine se dea a coñecer dende diferentes eidos. Coincidindo co visionado de Esquece Monelos, o 20 de outubro, asistirá algunha persoa da produción da cinta, ante a imposibilidade de asistencia da directora, Ángeles Huerta, que estará no Festival de Valladolid.
O 17 de novembro, coincidindo con Pozoamargo asistirá Felipe Lage, de Zeitun Films, coma produtor da cinta, quen xa estivera en Bueu presentando Mimosas, do seu irmán Oliver Laxe.
E para culminar, para Migas de pan que se proxecta o 1 de decembro, asistirá un membro do equipo de rodaxe ou do reparto, aínda por confirmar.
Proxección Lobos sucios
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029