Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Deportes
Voltar
AS CLASES DE XIMNASIA E PILATES DO CONCELLO DE BUEU COMEZARÁN O VINDEIRO MÉRCORES
[Deportes]
[Do Venres, 29 de Setembro do 2017 ao Venres, 29 de Setembro do 2017]
Foto da charla de clausura das ximnasias do curso pasado
Foto da charla de clausura das ximnasias do curso pasado
Previo ao inicio das actividades, a concellaría de deportes organiza unha charla o martes, 3 de outubro, para a presentación dos monitores e a organización do curso
A concellaría de deportes porá en marcha o próximo mércores as clases das ximnasias municipais, nas que están inscritas máis de cincocentas persoas. Así, e co obxectivo de informar a todos os usuarios/as, vaise organizar unha charla o martes ás 18 horas no Centro Social do Mar.
Os horarios das clases pódense consultar na páxina web do Concello. Estas actividades insírense no programa Bueu Concello Saudable, que foi posto en marcha no ano 2008 coa finalidade de garantir a adquisición e a mellora de hábitos de vida saudables, entre toda a poboación, aínda que cunha especial incidencia nos maiores e embarazadas.
Ao longo deste tempo, lévanse impartido ximnasia para maiores, ximnasia para adultos Pilates, Prenatal, ximnasia para persoas con discapacidade intelectual e para as de mobilidade reducida, matroximnasia e psicomotricidade, que se desenvolven en diversos espazos municipais.

“Comezar a correr”
Por outro lado, e en colaboración co Club do Mar de Bueu, organiza durante os meses de outubro e novembro a actividade saudable de “Comezar a correr”, en horario de 19 a 20 horas pola contorna de Agrelo – Portomaior. Os obxectivos son divulgar os efectos positivos para a saúde da carreira programada, e adestrar para a participación en carreiras populares. A actividade dará comezo o 3 de outubro.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029