Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
ARRANCA O CURSO DAS XIMNASIAS E PILATES DO CONCELLO DE BUEU
[Deportes]
[Do Mércores, 04 de Outubro do 2017 ao Mércores, 04 de Outubro do 2017]
Charla inicio ximnasias deportivas 2017
Charla inicio ximnasias deportivas 2017
Este martes celebrouse no Centro Social do Mar unha charla para presentar aos monitores deportivos e a organización das clases, que manterán os mesmos horarios e localizacións que o pasado ano
A concellaría de deportes de Bueu pon en marcha a partir deste mércores as clases das ximnasias deportivas e de Pilates, que se desenvolverán nas mesmas localizacións e nos mesmos horarios que o ano pasado. Así o destacou Manolo Otero, concelleiro de deportes, durante a charla que se celebrou este martes no Centro Social do Mar, na que tamén estivo presente o rexedor da vila, Félix Juncal, e no que se aproveitou para presentar aos monitores deportivos deste curso: Pablo, Aitor e Gonzalo.
No acto, tanto o alcalde como o edil destacaron que as actividades forman parte do programa Bueu Concello Saudable, que foi posto en marcha no ano 2008 coa finalidade de garantir a adquisición e a mellora de hábitos de vida saudables, entre toda a poboación, aínda que cunha especial incidencia nos maiores e embarazadas. Neste sentido, Otero apelou ao compromiso dos e das participantes para que teñan constancia coas clases nas que se teñan inscrito, así como da necesidade de levar roupa cómoda e unha alimentación adecuada.
Ao longo deste tempo, lévanse impartido ximnasia para maiores, ximnasia para adultos Pilates, Prenatal, ximnasia para persoas con discapacidade intelectual e para as de mobilidade reducida, matroximnasia e psicomotricidade, que se desenvolven en diversos espazos municipais.

Charla inicio ximnasias deportivas 2017
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029