Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Información sobre a OMIC
Voltar
A OMIC DE BUEU CONVOCA ESTE XOVES UNHA REUNIÓN SOBRE OS GASTOS DE FORMALIZACIÓN DA HIPOTECA
[Oficina Municipal de Información ao Consumidor]
[Do Xoves, 05 de Outubro do 2017 ao Xoves, 05 de Outubro do 2017]
Cartel reunión OMIC
Cartel reunión OMIC
O obxectivo deste acto é informar sobre o seguinte paso que se vai dar dende o departamento, despois da negativa das entidades financeiras a devolver as coñecidas como cláusulas chan
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor convoca aos reclamantes dos gastos de formalización de hipoteca de Bueu a unha reunión, que se celebrará este xoves ás 19.30 horas no Centro Social do Mar. O obxectivo deste acto é informar sobre o seguinte paso que se vai dar dende o departamento, despois da negativa das entidades financeiras a devolver eses gastos.
O seguinte paso que se vai dar é trasladar todas as reclamacións ao Banco de España, e por parte do alcalde do Concello de Bueu confíase na sentenza do 23 de decembro de 2015 do Tribunal Supremo, que declara nulas por abusivas as cláusulas que se impuxeron ao consumidor.
No que vai de ano, a OMIC de Bueu tramitou un total de 220 solicitudes da veciñanza para solicitar a devolución dos gastos de formalización da hipoteca. Desas, tan só nove solicitudes recibiron unha resposta positiva, pero as cantidades devoltas foron irrisorias, apenas 3500 euros. As restantes foron denegadas por parte das entidades bancarias, quen consideraron que as cláusulas son legais e que non procede a mediación de consumo.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029