Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O CONCELLO DE BUEU CELEBRA ESTE VENRES O DÍA DA COLLEITA
[Desenvolvemento Local]
[Do Xoves, 05 de Outubro do 2017 ao Xoves, 05 de Outubro do 2017]
Nenos e nenas na horta comunitaria
Nenos e nenas na horta comunitaria
Na zona do mercado tradicional da Praza de Abastos haberá un mercado cos produtos cultivados polos participantes na horta comunitaria municipal, así como unha degustación
A concellaría de promoción económica e turismo organiza un mercado da colleita para este venres, 6 de outubro, unha oportunidade para que os e as participantes na horta ecolóxica e comunitaria do Concello expoñan os seus produtos. Así, entre as 11 e as 13.30 horas, na parte exterior da Praza de Abastos situarase unha pequena mostra dos produtos ecolóxicos cultivados polos participantes nas parcelas sitas nas proximidades da senda do río Bispo.
O programa da xornada inclúe unha exposición fotográfica e ás 12 horas, no 1º andar da Praza de Abastos, desenvolverase unha pequena degustación aberta con produtos da horta e elaborados como marmeladas ou conservas. A continuación, os e as usuarias da horta explicarán da súa participación nesta experiencia piloto municipal, que se desenvolveu de xuño a setembro. Durante estes meses, impartiuse formación en técnicas de agricultura ecolóxica, tanto para cultivo como tratamento de pragas, ao mesmo tempo que fomentou as relacións sociais e persoais.
Os obxectivos desta iniciativa, segundo declara o alcalde Félix Juncal, son “ofrecer unha oportunidade para recuperarmos a agricultura e a relación ca terra, que tamén nos ofrece lecer e desconexión”. Neste tempo, tamén se organizaron obradoiros para a rapazada, como o dos nenos e nenas do Verán de Xogos, que participaron nun taller de cultivos aromáticos e visitaron a plantación da horta. Polo tanto, creáronse interesantes sinerxías entre persoas de diversas franxas de idade.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029