Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Deportes
Voltar
A VINDEIRA FIN DE SEMANA CELEBRARASE O II TORNEO DE TIRO A CHAVE DE BUEU
[Deportes]
[Do Xoves, 12 de Outubro do 2017 ao Sábado, 14 de Outubro do 2017]
Cartel II Torneo Chave
Cartel II Torneo Chave
Os e as participantes xogarán a este deporte tradicional nas Lagoas entre o 12 e o 14 de outubro // As inscricións teñen un custe de 10 € por parella e deberán facerse antes do 10 de outubro
Dado o éxito da primeira edición, a Concellaría de Deportes de Bueu colabora na organización do II Torneo de Chave, que se organiza a Asociación Tiro a Chave do Morrazo e que se celebrará do 12 ao 14 de outubro na Mazá Urbana das Lagoas. A inscrición será de 10 € por parella e a data límite de inscrición é o 10 de outubro a través do teléfono 606 500 646. Paralelamente haberá un torneo de iniciación gratuíto para as persoas que nunca participaran e que queiran coñecer este deporte tradicional, patrocinado polo Concello.
A proba será nas Lagoas e disputarase en catro campos. As regras do xogo establecen que cada cinco parellas se conforme un grupo, pasando a xogar nunha modalidade aberta. A continuación, de cada grupo clasificaríanse para a final dúas parellas.
Haberá de catro a oito premios segundo o número de parellas e un petisco para os participantes ao rematar o campionato no Bar Chilau, en torno ás 19.30 horas do sábado.
Esta actividade conta ademais coa colaboración do Restaurante Serafín (Illas Cíes), e do Bar Chilau de Bueu.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029