Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU CELEBROU ESTE VENRES O DÍA DA COLLEITA
[Desenvolvemento Local]
[Do Venres, 06 de Outubro do 2017 ao Venres, 06 de Outubro do 2017]
Mercado da colleita
Mercado da colleita
Na zona do mercado tradicional da Praza de Abastos organizouse un mercado e degustación cos produtos cultivados polos participantes na horta comunitaria municipal
A concellaría de promoción económica e turismo organizou esta mañá un mercado da colleita, no que os e as participantes na horta ecolóxica e comunitaria do Concello expuxeron unha pequena mostra ecolóxica: tomates, pementos, e outros legumes, así como conservas e marmeladas foron a estrela. Todos estes produtos teñen unha particularidade, e é que son foron cultivados na horta comunitaria, educativa e de lecer posta en marcha polo Concello nuns terreos próximos á senda do río Bispo, no seu tramo urbano, entre xuño e setembro deste ano.
As persoas que se achegaron ata o espazo do mercado tradicional participaron na degustación aberta con produtos da horta e elaborados como marmeladas ou conservas. Os e as usuarias da horta recoñeceron a súa experiencia positiva, pois aprenderon técnicas de agricultura ecolóxica, tanto para cultivo como tratamento de pragas, ao tempo que supuxo unha boa forma de estreitar lazos sociais e afianzar o tempo de lecer.
Segundo o alcalde, os obxectivos desta iniciativa piloto foron “ofrecer unha oportunidade para recuperarmos a agricultura e a relación ca terra, que tamén nos ofrece lecer e desconexión”. Nos meses que durou a experiencia, tamén se organizaron obradoiros para a rapazada, como o dos nenos e nenas do Verán de Xogos, que participaron nun taller de cultivos aromáticos e visitaron a plantación da horta. Polo tanto, creáronse interesantes sinerxías entre persoas de diversas franxas de idade.
Félix Juncal e Silvia Carballo cos participantes
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029