Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
A AXENCIA DE LECTURA DE MEIRO CELEBRA O SEU PRIMEIRO ANO DE REXURDIR CULTURAL
[Cultura]
[Do Xoves, 19 de Outubro do 2017 ao Xoves, 19 de Outubro do 2017]
Presentación actividades aniversario Axencia de Lectura de Meiro
Presentación actividades aniversario Axencia de Lectura de Meiro
Como conmemoración desta efeméride, este mes celebrarase un magosto con xogos tradicionais e un recital poético
A Axencia de Lectura de Meiro celebra este outubro o primeiro ano de actividades culturais e literarias, tras a recuperación deste espazo por parte de Daniel Durán, un rapaz voluntario veciño da aldea bueuesa de Meiro. Dado a importancia desta efeméride, hoxe presentáronse os eventos programados para este mes coa participación de Manolo Otero, concelleiro de deportes, Teresa López, edil de educación e sanidade, e Xosé Antonio ‘Seso’ Portela, vicepresidente da Asociación Veciñal A Morada. A primeira das actividades é un magosto con xogos tradicionais, que se celebrará este sábado a partir das 16.30 horas no recinto de A Morada, e ao que están convidadas todas as persoas que queiran degustar a froita típica do San Martiño en compañía de xogos do pasado.
Ao seguinte venres, 27 de outubro, é a quenda do recital poético, que se celebrará ás 20.30 horas e no que xa está confirmada a asistencia dos poetas locais Dani Costas, Luís Chapela e Míriam Ferradáns, habituais desta actividade que xa se celebrou en varias ocasións na Axencia, coincidindo co rexurdir deste espazo e nas Letras Galegas. Neste acto contarase tamén coa música dalgúns membros do grupo de gaitas Retrouso de Cela, e cunha representación teatral, ademais dalgunha sorpresa máis.

Un ano cheo de eventos
Durante este primeiro ano de rexurdir da Axencia (hai que ter en conta que xa estivera aberta anteriormente pero tivera que pechar as súas portas no 2007), o balance foi moi positivo, cun gran número de actividades para todos os públicos, dende os máis pequenos aos maiores. Celebráronse recitais poéticos, xornada de xogos tradicionais e chocolatada, charlas sobre historia e xornalismo, empoderamento sexual, e creación de grupos de traballo, rutas por espazos naturais como Cabo Udra, Monte Liboreiro e Ermelo, obradoiros para a rapazada, ‘Noites na biblio’, e lecturas dramatizadas, entre outras. Así mesmo, é destacable o club de lectura mensual que se reúne para comentar diferentes obras e conversar cos propios autores. Por agora, visitaron a Axencia Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, Inma López Silva, autora de Aqueles días en que eramos malas, e a moañesa Iria Collazo, co seu último libro A soidade das medusas.
A Axencia conta tamén cun blog (https://alecturameiro.wordpress.com/) onde se van publicando todas as actividades, ademais de crónicas e tamén artigos sobre libros. Ademais, conta con correo electrónico (axenciameiro@gmail.com) e con páxina na rede social Facebook.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029