Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
OS BOLECHAS VISITARÁN BUEU A VINDEIRA FIN DE SEMANA PARA PRESENTAR O SEU ÚLTIMO ESPECTÁCULO
[Cultura]
[Do Domingo, 29 de Outubro do 2017 ao Domingo, 29 de Outubro do 2017]
Presentación do espectáculo dos Bolechas
Presentación do espectáculo dos Bolechas
A sesión terá lugar o domingo 29 de outubro ás 18.00 horas no Centro Social do Mar con entrada de balde ata completar aforo, con prioridade para a rapazada
Os recoñecidos personaxes infantís de Os Bolechas visitarán Bueu a vindeira fin de semana. Concretamente, actuarán o domingo 29 de outubro ás 18.00 horas no Centro Social do Mar. Durante a rolda de prensa celebrada esta mañá, a concelleira de normalización lingüística, Silvia Carballo, destacou que a entrada será de balde ata completar aforo. As portas da billeteira abriranse ás 16.30 horas e vaise priorizar a entrada da rapazada, para a que se dirixe o espectáculo. Por iso, segundo Carballo, “limitaranse as entradas para adultos, dado que é un espectáculo con moita demanda e 250 butacas de aforo”.
A actividade está inserida no marco do programa de fomento da lingua galega Falaredes 2017, posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coas entidades que pertencer á Rede de Dinamización Lingüística, das que o concello bueués forma parte.
O argumento, moi centrado no Camiño de Santiago, conta as peripecias de Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo a ruta e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións... todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.
Espectáculo Os Bolechas
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029