Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
BUEU ACOLLERÁ EN ABRIL A I FEIRA DA CIENCIA E DA LITERATURA
[Cultura]
[Do Mércores, 25 de Outubro do 2017 ao Mércores, 25 de Outubro do 2017]
Reunión I Feira da Ciencia e da Literatura
Reunión I Feira da Ciencia e da Literatura
O alcalde da vila mantivo unha reunión esta mañá co equipo da biblioteca do IES Johán Carballeira para a presentación deste proxecto
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, mostrouse satisfeito tras a reunión mantida esta mañá co equipo da biblioteca do IES Johán Carballeira para a presentación da primeira Feira da Ciencia e da Literatura que se vai celebrar na vila de cara a comezos de abril na Praza Massó. A idea parte de Carmen Miñambres, profesora do instituto e coordinadora da biblioteca, e de Luísa Conde, mestra de matemáticas, e pretende achegar a ciencia á toda a cidadanía.
Segundo destacou o alcalde, trátase “dun proxecto ilusionante que nos gusta moito, e que é moi atractivo para todos os públicos, en especial para os máis pequenos e pequenas”.
Entre as actividades que se barallan están a organización de charlas e demostracións por parte de autores e autoras ou asociacións científicas, ou xogos para os máis cativos/as. Félix Juncal quixo agradecer ao centro por estas iniciativas que permiten que o Concello poida contar con proxectos que redunden no resto da sociedade e que permitan que o espazo público sexa un lugar de encontro entre varias xeracións.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029