Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O IV PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE BUEU ENTRARÁ EN VIGOR O VINDEIRO ANO
[Igualdade]
[Do Xoves, 26 de Outubro do 2017 ao Xoves, 26 de Outubro do 2017]
Consello da Igualdade
Consello da Igualdade
Este xoves celebrouse o Consello da Igualdade no que foron debatidas as liñas de actuación para a elaboración deste instrumento de actuación fronte á violencia de xénero
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este xoves a reunión do Consello da Igualdade no que se presentaron as liñas de actuación do IV Plan para a Igualdade de mulleres e homes, que é previsible que se aprobe a comezos do 2018 e que estea en vigor durante os próximos catro anos. Así o salientou a directora do Centro de Información ás Mulleres, Montserrat González, quen estivo acompañada polo alcalde, Félix Juncal, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, e Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo. Ademais, tamén estiveron presentes Manuel Santos, voceiro do PP, e representantes dos centros educativos, das ANPAS e do centro de saúde.
Na reunión do Consello púxose enriba da mesa que “o plan vai ser unha ferramenta ante todo realista, con accións que se van levar a cabo nos diferentes eidos”. Aínda que as áreas de actuación van na liña das de plans anteriores (educación e cultura, formación e emprego, ocio e deporte, participación política e social, saúde e benestar, conciliación da vida laboral, familiar e persoa, e violencia de xénero), incidirase de maneira especial na educación como chave para cambiar a mentalidade, así como mellorar a coordinación entre todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero.
Segundo explicou Ramón Torrente, do equipo redactor, o plan vai incidir en varias cuestións fundamentais. A primeira é difundir o plan a todo o persoal técnico, axentes sociais, empresariado e cidadanía en xeral; a segunda é formar na perspectiva de xénero ao persoal político e técnico para garantir a consecución da igualdade. Tamén se establecerá o criterio de igualdade de oportunidades na valoración de convocatorias de subvención e nas licitacións públicas municipais, e velar polo cumprimento dunha linguaxe e imaxe non discriminatoria en toda a cartelería, documentación, publicidade, proxectos e ofertas de emprego, e introducir como obriga na realización dos traballos a desagregación de datos por sexo.
En canto ás actividades que se porán en marcha nas diferentes áreas, estas serán moi variadas e contarán co apoio dos principais axentes implicados. A partir deste reunión, os membros do Consello disporán dun prazo de quince días para propoñer achegas e alegacións ao borrador do texto.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029