Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
O CONCELLO DE BUEU INICIA O PRÓXIMO VENRES UN OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
[Benestar Social]
[Do Venres, 03 de Novembro do 2017 ao Venres, 03 de Novembro do 2017]
Tecendo Lazos
Tecendo Lazos
Aínda que nun principio, o curso ía comezar mañá tivo que atrasarse ata o vindeiro venres, 3 de novembro
O Concello de Bueu, no marco do programa da Deputación de Pontevedra Tecendo Lazos, inicia o vindeiro venres, 3 de novembro, un obradoiro de risoterapia creativa anti-estrés, que se celebrará entre as 18 e as 20 horas na sala de usos múltiples do Centro de Benestar Social (Eduardo Vincenti, nº 28). Aínda que nun principio estaba programado que comezase mañá, tivo que atrasarse unha semana.
Este obradoiro, no que participarán vinte e catro persoas de diversas idades, tratará dinámicas e xogos da ximnasia da risa. Entre os temas que se van dar están as técnicas de liberación e desbloqueo, así como prácticas de humor e relaxación, xogos de comunicación e expresión corporal, xogos de fantasía e bromas prácticas. O obxectivo primordial é fomentar a comunicación e contacto interxeracional e promover unha actitude positiva ante a vida.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029