O CONCELLO DE BUEU REMATA A PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DE LAXES, EN BELUSO
[Obras e Servizos]
[Do Venres, 27 de Outubro do 2017 ao Venres, 27 de Outubro do 2017]
As obras incluíron ademais a ampliación na zona da rede de saneamento e abastecemento no lugar
O Concello de Bueu rematou esta semana a pavimentación do coñecido como Camiño de Laxes, na parroquia de Beluso, onde tamén se instalou un total de case 300 metros de saneamento e abastecemento. Así o destacou o alcalde, Félix Juncal, quen apuntou que “esta actuación insírese no marco da nosa mellora do rural”. Así mesmo, en semanas anteriores tamén se ultimou o saneamento nos lugares do Beloso e Castrelo, na parroquia de Cela.
Estas obras suporán un total de 1000 metros de instalación de saneamento, e 500 m. en abastecemento, uns traballos que se levarán a cabo noutras áreas do municipio que xa se están estudando por parte dos técnicos municipais.