Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ACONDICIONA DÚAS ÁREAS AXARDINADAS NO CEMITERIO DE BUEU
[Obras e Servizos]
[Do Domingo, 29 de Outubro do 2017 ao Domingo, 29 de Outubro do 2017]
Axardinamento cemiterio Bueu
Axardinamento cemiterio Bueu
Así mesmo, esta semana quedaron rematadas as obras de mellora nos camposantos de Cela e Bueu
Os cemiterios de Bueu e de Cela chegan ao Día de Defuntos con melloras nas súas instalacións. As obras, que se fixeron con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, consistiron na adaptación dos aseos para persoas con mobilidade reducida e modificación de toda a madeira exterior no de Bueu, e na construción dunha edificación de planta baixa de 13 metros cadrados para aseo adaptado e almacén no cemiterio de Cela. Cun orzamento de 20.449 €, ambas actuacións foron culminadas esta semana por parte da empresa concesionaria, Catorvi Excavaciones S.L.
Aproveitando esta obra, o Concello contratou a unha empresa de paisaxismo, que foi a encargada de axardinar dúas zonas no cemiterio de Bueu. Os traballos, realizados con fondos municipais, consistiron na preparación de dous parterres “nos que se combinaron unha cantidade de elementos naturais que fan que esteamos ante unha creación próxima ao arte”, segundo destacou o alcalde durante a visita feita ao lugar. Concretamente, rehabilitáronse dous espazos, antes inutilizados, nos que se combinaron especies arbóreas e ornamentais, ademais de cubrir o espazo cunha malla antiherbas. Félix Juncal destacou que “o resultado é moi positivo, pois permitiu rehabilitar zonas verdes con elementos que dotan de aire fresco ao espazo”.
Axardinamento cemiterio Bueu
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029