Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PROGRAMA AS ACTIVIDADES PARA O 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
[Igualdade]
[Do Sábado, 25 de Novembro do 2017 ao Sábado, 25 de Novembro do 2017]
Concentración silenciosa na Praza do Concello no 2016
Concentración silenciosa na Praza do Concello no 2016
Os centros educativos son os protagonistas desta data e da forma de concienciar dende o CIM
O Concello de Bueu xa ten lista a programación para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Segundo se especifica na proposta da concellaría de igualdade, que se deu a coñecer aos grupos políticos na Comisión do pasado xoves, o 18 de novembro ás 18.30 horas proxectaranse as curtas confeccionadas polo alumnado durante o pasado curso no marco do proxecto Expresarte!. A celebración desta data propiamente dita trasladarase ao 24 de novembro, para fomentar a participación dos centros educativos da vila, que son o piar fundamental á hora de traballar esta data dende o Centro de Información ás Mulleres.
Así, ese día, ás 11.40 haberá unha concentración en memoria das vítimas da violencia na Alameda do Concello, no que todos e todas as asistentes gardarán un minuto de silencio como repulsa ante todo tipo de violencia e, en especial, á que se exerce sobre as mulleres. Xa ás 12 horas, o alumnado do CEIP A Torre de Cela será o encargado de realizar a Declaración conmemorativa, e a continuación farase entrega dos premios do XV Concurso de Carteis contra a violencia de xénero, aos gañadores/as dos centros de primaria, ESO e bacharelato.
Tamén desde o CIM se están impartindo polos centros da vila unha serie de obradoiros de violencia de xénero, sobre temáticas como ciberacoso, roles e estereotipos, control nas relacións de parella e novas masculinidades. Así mesmo, é interesante tamén o traballo de reflexión e debate que se está levando a cabo arredor do poemario Dos días escuros de María Carmen Caramés Gorgal, obra que foi merecedora do Premio Johán Carballeira de Poesía en 2014.
E entre o 17 e o 27 de novembro, expoñeranse nos centros educativos os carteis presentados no concurso de carteis, así como fotografías, murais e siluetas de mulleres e corazóns con frases a favor da igualdade e a non violencia e de apoio ás vítimas desta lacra social.
Continuando coa celebración desta data, na Biblioteca Municipal Torrente Ballester colocarán mesas con todo o material bibliográfico sobre a temática da violencia á muller e a consecución da igualdade.

ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029