Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
AVISO SOBRE A INSTALACIÓN DE ATRACCIÓNS DE FEIRA DURANTE AS FESTAS DE SAN MARTIÑO 2017
[Urbanismo]
[Do Luns, 30 de Outubro do 2017 ao Mércores, 08 de Novembro do 2017]
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 8 de novembro de 2017
O Concello de Bueu advirte que os feirantes que queiran instalar atraccións durante as Festas Patronais de San Martiño de Bueu deberán presentar as correspondentes solicitudes no Rexistro Xeral (en horario de 8.00 a 14.00 horas), a fin de que estas sexan controladas polo Departamento correspondente, coa antelación suficiente para poder tramitalos, é dicir, con data límite o 8 de novembro de 2017. Así mesmo, acompañarase a solicitude da seguinte documentación:
-Póliza do Seguro de Responsabilidade Civil
-Recibo do Seguro de Responsabilidade Civil en vigor
-Certificado técnico anual da instalación
Advírtese tamén que para poder acceder ao recinto das atraccións deberán presentar a pertinente autorización municipal. De non facelo, non poderán acceder ao recinto.
Unha vez instalados, dende o Concello habilitarase un organismo de control que certificará a correcta instalación e, de detectarse algunha anomalía, procederase á desmontaxe da atracción en cuestión.

Podedes acceder ao documento no arquivo de abaixo.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029