Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O PLENO DE BUEU APROBA O NOMEAMENTO DA RÚA DON JUAN VEIGA ALFONSO
[Xeral]
[Do Martes, 07 de Novembro do 2017 ao Martes, 07 de Novembro do 2017]
O concelleiro Adrián Ferrer Reboiras toma posesión do cargo
O concelleiro Adrián Ferrer Reboiras toma posesión do cargo
Así mesmo, Adrián Ferrer Reboiras tomou posesión como concelleiro do BNG, converténdose así no edil máis novo da corporación
O pleno da corporación de Bueu mostrouse unánime no nomeamento dunha rúa da vila como “Don Juan Veiga Alfonso”, persoa moi querida e admirada no pobo xa que foi durante máis de corenta anos profesional da saúde, ademais de desempeñar outros cargos no ámbito social e cultural. A proposta foi secundada polos catro grupos da corporación, e por iso a rúa que circunda o Centro de Saúde, entre a rúa A Pedra e a PO-551 será agora recoñecida como “Don Juan Veiga Alfonso”, un nomeamento que vén tras a aprobación de Fillo Adoptivo da vila o pasado 14 de febreiro e logo de terse presentado unha iniciativa veciñal de apoio.
Juan Veiga, popularmente coñecido como Don Juan, foi durante 44 anos ininterrompidos practicante, ATS, enfermeiro do noso concello. A longa traxectoria de dedicación profesional ao servizo da saúde de tantos e tantas cidadáns da nosa vila, estivo chea dunha desinteresada vocación de servizo, que foi máis ala do esperado no normal desempeño das súas funcións. Ademais da súa labor médica, tivo un importante papel na vida cultural e deportiva da vila.
Por outra banda, o pleno deste luns serviu tamén para acoller a Adrián Ferrer Reboiras que se incorpora como concelleiro do BNG, tras a dimisión fai uns meses de Juan Carlos Eirea Eiras, quen tivo que deixar o cargo por motivos persoais e profesionais. O alcalde foi o encargado de dar a benvida ao xa edil, que se converte na persoa máis nova da corporación.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029