Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE RENOVARÁ O MATERIAL DO SKATE PARK DAS LAGOAS
[Obras e Servizos]
[Do Mércores, 15 de Novembro do 2017 ao Mércores, 15 de Novembro do 2017]
Estado actual do skate park
Estado actual do skate park
Esta medida adóptase tras ter constancia do mal estado no que se atopa esta instalación deportiva
Ante as queixas dos usuarios/as polo mal estado da pista de skate das Lagoas, o Concello de Bueu anuncia que se vai levar a cabo unha renovación integral do material. Á espera dunha proposta que se está estudando por parte dos técnicos municipais, o obxectivo é lograr unha maior durabilidade.
Tras ter realizado unha visita ao lugar, o alcalde da vila, Félix Juncal, quere aclarar que nos últimos anos se destinaron importantes recursos para substituír as pezas e planchas que estaban en mal estado, sen que ata o de agora estas substitucións permitisen solventar o asunto dunha forma definitiva.
Segundo declarou o rexedor, en diversas ocasións xa se mantiveron conversas con usuarios/as para artellar unha solución, como o cambio de material das diversas planchas cada pouco tempo (a última é de principios deste ano) e tamén se levou a cabo fai dous anos a renovación da mini pista, que foi recuberta en fibra de vidro, actuación na que o Concello investiu un total de 9000 euros.
Con todo, a solución adoptada tampouco convenceu ás persoas que a diario empregan esta infraestrutura de lecer, pois o material e as prestacións non son os mesmos. Ante esta situación, o goberno local é plenamente consciente de que non é abondo con realizar obras de mantemento anualmente, senón que se vai proceder a unha renovación integral do material, agardando que sexa unha solución definitiva. Aínda así, e segundo o observado nesta visita, tense coñecemento de que se está danando a pista con outros materiais, como son palés de obra, cascallos, ou mesmo pedras, que sistematicamente se foron retirando por parte dos servizos municipais. Neste sentido, apélase á conciencia cidadá para que este espazo sexa empregado para os fins de lecer e deportivos.
Por último, dende o Concello tamén se alerta ante a falta de respecto por parte das persoas que estacionan os vehículos nunha zona habilitada para un uso de parque público.
Estado actual do skate park
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029