Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
O CONCELLO DE BUEU RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCIÓN DA PISCINA
[Urbanismo]
[Do Xoves, 16 de Novembro do 2017 ao Xoves, 16 de Novembro do 2017]
A construción desta infraestrutura contará cunha subvención de 1.500.000 euros, no marco do Plan de Reequilibrio Territorial para equipamentos singulares
O Concello de Bueu contará cunha subvención da Deputación de Pontevedra, por importe de 1.500.000 euros, para construción da piscina municipal, un proxecto pensado dende o punto de vista deportivo e da saúde e benestar. A axuda insírese no marco do Plan de Reequilibrio Territorial para equipamentos singulares en concellos de menos de 20.000 habitantes.
A futura piscina municipal, cun orzamento de 2,8 millóns de euros, construiríase nunha parcela das Lagoas, que ten unha superficie total de 1863 metros cadrados. Amais do vaso da piscina cunha dimensión de 12 x 25 metros, habería diversos espazos nos que se relacionan a saúde e o deporte, tales como sala de aerobic, sala de relaxación, sala de fitness, sala de masaxes, e sauna. Polo tanto, e como xa ten destacado o alcalde da vila, Félix Juncal, en diversas ocasións, non é só unha instalación deportiva, senón que vai máis alá.
O Concello de Bueu deu diversos pasos para poder materializar este proxecto ao longo do tempo, dende o ano 2013 cando se redactou o proxecto técnico por parte do arquitecto municipal Fernando Baeza. Tras varios intentos para contar co apoio da Xunta de Galicia, aínda non se conseguiu unha resposta positiva, o que se volverá intentar de novo para lograr que a piscina sexa unha realidade, toda vez que o estudo de viabilidade que licitou o goberno este ano pon de manifesto que máis do 85% da poboación está interesada na súa construción.
Outra das opcións manexadas polo goberno para conseguir o restante financiamento é a afectación dunha parte do que a Deputación achega ano a ano no marco do Plan Concellos. E a última sería adoptando unha fórmula de contratación da obra, na que a adxudicataria deberá achegar os 1,3 millóns restantes.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029