Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
ESTE SÁBADO, UNHA NOVA OPORTUNIDADE PARA VER AS CURTAS DE EXPRESARTE!
[Igualdade]
[Do Sábado, 18 de Novembro do 2017 ao Sábado, 18 de Novembro do 2017]
Proceso de gravación das curtas
Proceso de gravación das curtas
A sesión será ás 18.30 horas no Centro Social do Mar e vai destinada a familias de demais persoas que queiran ver os traballos audiovisuais nos que alumnos e alumnas reflexionan sobre a igualdade de oportunidades
Dentro da programación polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que se celebra o 25 de novembro, o Centro de Información ás Mulleres de Bueu preparou algúns eventos. Así este sábado, 18 de novembro, ás 18.30 h no Centro Social do Mar, as familias e a rapazada terán unha nova oportunidade para ver as curtametraxes de “Expresarte!”. No marco deste proxecto, financiado pola Deputación de Pontevedra, un cento de alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio elaboraron o pasado ano unha serie de produtos audiovisuais nos que reflexionaron sobre a igualdade de oportunidades, a violencia sobre a muller, e como é preciso o cambio dende a educación.
O resultado son once curtas, coas que os alumnos e alumnas participaron de todo o proceso dende o guión ata a gravación, da man de Ramón Torrente, Axente de Oportunidades e persoa que se encargou da titorización deste proxecto deseñado dende o Centro de Información ás Mulleres de Bueu.
Os traballos que se poderán ver son os seguintes:
- “Abre os ollos á igualdade”, elaborada polo alumnado de 6º do CEIP A Pedra
- “Patinando en igualdade”, elaborada por alumnado de 5º B do CEIP A Pedra
- “O valor dunha boneca”, de 5º B do CEIP A Pedra
- “Que xoguete prefiren?”, de 2º da ESO do CPR Virxe Milagrosa
- “Somos noivos!”, de 2º da ESO do CPR Virxe Milagrosa
- “Sara e Bruno”, de 5º de primaria do CEIP Montemogos de Beluso
- “Igualdade sen fin, igualdade interminable”, de 6º de primaria do CEIP Montemogos de Beluso
- “Seguimos nas mesmas”, 2º da ESO do CPR Virxe Milagrosa
- “Por que?”, do IES Illa de Ons
- “Ser ou non ser”, do IES Illa de Ons
- “Hai solución”, videoclip do IES Illa de Ons

Últimos días para o VIII Certame de Relatos de Muller Matilde Bares
Así mesmo, lémbrase que as persoas que desexen participar no VIII Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, teñen de prazo de presentación de traballos ata o 25 de novembro, mediante dúas formas: ou ben por correo electrónico ou en papel. Así se especifica nas bases deste concurso, iniciado no 2005 a modo de homenaxe á mestra Matilde Bares e como unha fórmula para incrementar a reflexión arredor da igualdade entre homes e mulleres. O gañador ou gañadora anunciarase en febreiro do 2018 e o premio consistirá en 1500 €. As bases poden descargarse na ligazón inferior.
Proceso de gravación das curtas
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029