Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ABRE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS PARA O ACONDICIONAMENTO DA PRAZA MASSÓ
[Obras e Servizos]
[Do Xoves, 16 de Novembro do 2017 ao Luns, 11 de Decembro do 2017]
Infografía do resultado da Praza Massó
Infografía do resultado da Praza Massó
Este proxecto busca rexenerar o espazo do canabal e do estanque de Massó, mediante a instalación dunha fonte transitable con diversos elementos que revitalizarán este espazo de lecer
O Concello de Bueu vén de abrir o prazo de presentación de ofertas para as obras de acondicionamento e mellora da Praza Massó, cun prezo de licitación de 67.909,74 €, IVE incluído, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. O prazo é de vinte e seis días naturais a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), é dicir, ata o 11 de decembro.
Segundo o proxecto técnico, o obxectivo desta actuación é adecuar un espazo que actualmente se atopa obsoleto, dado que o estanque está en mal estado de conservación, o que impide o goce da cidadanía. Así, as obras proxectadas van consistir na execución de recheo, pavimentación, instalación dunha fonte transitable e adaptación da contorna para persoas con mobilidade reducida
A Praza Massó, creada no 2009 como una zona de lecer e de celebración de diversos eventos ao aire libre, contará proximamente cunha fonte de iluminación LED e un sistema interactivo de xogo, polo que se reforzará o carácter lúdico da mesma. O espazo ocupado pola fonte será de aproximadamente 7,00 m x 7,40 m, non ocupando a totalidade do estanque actual.
Ademais, esta instalación proxectarase para funcionar en circuíto pechado, non precisándose máis achega de auga que o necesario para repoñer as perdas causadas pola evaporación e o vento, prevese a instalación de equipos de tratamento de auga e cloración que garantan a calidade da auga.
O proxecto contempla tamén a mellora do espazo con outros mecanismos como son a iluminación, a instalación de paneis informativos, tal e como se especifica no proxecto técnico que se pode ver na Plataforma de Contratación do Estado (con acceso dende esta web municipal).
As empresas que desexen participar no proceso de licitación, deben presentar no Rexistro Xeral dous sobres. O sobre A, conterá a documentación acreditativa da vontade de participar na licitación do contrato administrativo. No outro, o B, terá que especificarse a oferta económica.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029