Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU LICITA AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DO OUTEIRO
[Obras e Servizos]
[Do Mércores, 15 de Novembro do 2017 ao Luns, 11 de Decembro do 2017]
A actuación conta cunha subvención de AGADER e o prazo de presentación de ofertas esténdese ata o 11 de decembro
O Concello de Bueu vén de abrir o prazo de presentación de ofertas para as obras de pavimentación da segunda fase do Camiño do Outeiro, cun prezo de licitación 57.687,96.-€. IVE incluído, ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018. Dende a Casela ata o Outeiro, e nunha distancia de aproximadamente 500 metros, realizaranse cunetas, ampliarase o sobreancho do camiño e incluso se canalizarán as augas pluviais.
Para esta obra, as empresas dispoñen de prazo ata o 11 de decembro para presentar as súas ofertas, toda vez que o anuncio foi publicado esta semana no BOPPO. As firmas comerciais deberán entregar no Rexistro Xeral dous sobres; o sobre A, conterá a documentación acreditativa da vontade de participar na licitación do contrato administrativo. No outro, o B, terá que especificarse a oferta económica. Toda a documentación para o procedemento poderá verse na Plataforma de Contratación do Estado, con acceso dende a propia web municipal.
Esta pavimentación forma parte dun proxecto máis extenso e correspóndese coa segunda fase do mesmo. A primeira, que abrangue entre o lugar de Meiro e a Casela, farase con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra e suporá a mellora de máis dun quilómetro de vial e a recollida das grandes cantidades de auga que circulan por el e que dificultan o tránsito sobre todo na época invernal.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029