Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU COMEZA A PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DE SABARIGO
[Obras e Servizos]
[Do Mércores, 22 de Novembro do 2017 ao Mércores, 22 de Novembro do 2017]
Obras pavimentación no Camiño de Sabarigo
Obras pavimentación no Camiño de Sabarigo
A seguinte das actuacións será a de arranxo do camiño de Castrelo que comunica coa praia de Covelo
O Concello de Bueu comezou as obras de pavimentación nun dos camiños de Sabarigo, na parroquia de Cela, cunha distancia de aproximadamente 150 metros, que se realizan con cargo a un dos remanentes solicitados á Deputación Provincial de Pontevedra. Así o destacou o alcalde da vila, Félix Juncal, quen acudiu na mañá de hoxe a visitar os traballos que comezaron e que está programado que rematen ou a finais desta semana ou a principios da próxima, dependendo da meteoroloxía.
A continuación, unha vez rematado o anterior, os traballadores da brigada municipal dirixiranse ao camiño de Castrelo, tamén de Cela e que se atopa xusto na baixada á praia de Covelo, zona na que se pavimentarán arredor de 100 metros. Así mesmo, neste caso, o Concello tamén acometeu melloras na rede de saneamento e abastecemento.
Estas dúas actuacións insírense na mellora continua da rede viaria do rural, onde tamén se están realizando melloras na recollida de pluviais, saneamento e abastecemento.
Camiño de Castrelo que se vai pavimentar
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029