Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O ALCALDE DE BUEU DEFENDE A EDUCACIÓN COMO EIXE CENTRAL NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
[Igualdade]
[Do Venres, 24 de Novembro do 2017 ao Venres, 24 de Novembro do 2017]
Foto de familia dos gañadores/as e concelleiros/as durante o acto
Foto de familia dos gañadores/as e concelleiros/as durante o acto
Félix Juncal, amais doutros concelleiros e concelleiras, participou este venres nos actos do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero // O alumnado dos centros educativos da vila foi o protagonista da xornada
O Concello de Bueu conmemorou este venres o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, unha data con moito protagonismo para os centros educativos da vila, que constitúen o piar fundamental á hora de traballar esta data dende o Centro de Información ás Mulleres. Así o salientou o alcalde, Félix Juncal, durante a súa intervención na que declarou que “o Concello de Bueu ten nas súas liñas estratéxicas o fomento da igualdade e a reflexión entre o alumnado dos centros educativos da vila, que son a esperanza futura”. O rexedor salientou que “buscamos que o protagonismo sexa das sociedades, dos máis mozos e mozas que construirán o futuro”.
A programación incluíu unha concentración silenciosa en memoria das vítimas da violencia machista que se celebrou ao mediodía no Centro Social do Mar, na que todos e todas as asistentes gardaron un minuto de silencio como repulsa ante todo tipo de violencia e, en especial, á que se exerce sobre as mulleres. Neste acto, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, lembrou que no que vai de ano xa son 44 as mulleres asasinadas a mans das súas parellas por esta lacra social que é preciso erradicar.
A continuación, alumnado do CEIP A Torre de Cela foi o encargado de realizar a Declaración conmemorativa desta data. Nesta ocasión interpretaron unha canción cunha radiografía sobre a violencia machista en todas as súas vertentes, tanto a física como a máis invisible, esa que non se ve. A montaxe incluíu tamén un vídeo con imaxes do propio alumnado, e rematou cun pequeno discurso por parte de cinco alumnos/as nos que increpaban a non quedar calados, a actuar e a impedir que continúe a desigualdade.
Por último, o acto culminou coa entrega dos premios do XV Concurso de Carteis contra a violencia de xénero, aos gañadores/as dos centros de primaria e secundaria. Neste acto, os e as premiadas recolleron os agasallos da man do alcalde, Félix Juncal, e dos demais concelleiros e concelleiras que estiveron presentes no acto. En concreto, asistiron Ana Isabel Otero, Martín Villanueva, Fidel Castro, Adrián Ferrer, Silvia Carballo, María Teresa López, e José Manuel Vilas, voceiro do grupo municipal do PSOE.

Gañadores do XV Concurso de carteis

PRIMEIRO PREMIO DE PRIMARIA: XIANA DIOS GARCÍA, de 5º de primaria do CEIP A Torre (Cela).

PRIMEIRO PREMIO DA ESO: LAURA MARTÍNEZ PAZOS ,de 4º da ESO do CPR Virxe Milagrosa.
Este é o cartel elixido como deseño publicitario da campaña local do 25N.

PRIMEIRO PREMIO DA ESO: CLAUDIA FIEL FERRADÁS, de 1º DA ESO do CPR Virxe Milagrosa.

MENCIÓNS ESPECIAIS:
1. Miguel Barreiro Vilas, de 5º de educación primaria do CEIP Montemogos (Beluso)..
2. Eloy Alfaya Portela, de 5º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
3. Anxo Rodríguez Juncal, de 5º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
4. Sabela Cancelas León, de 6º de educación primaria do CEIP Montemogos (Beluso).
5. Noelia Álvarez Santos , de 6º de educación primaria do CPR Virxe Milagrosa.
6. Noa Gómez Cabaleiro, de 6º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
7. Breixo Pardo López, de 1º da ESO do IES Illa de Ons.
8. Marina de la Torre Lamosa, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa.
9. Marta Pastoriza Freire, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa..
10. Daniel Faye García, de 3º da ESO do IES Johan Carballeira.
11. Yago Portela Lamosa, de 3º da ESO do IES Johan Carballeira.
O alumnado do CEIP A Torre de Cela durante a declaración conmemorativa
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029