Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Deportes
Voltar
BUEU ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING E MMA AMATEUR
[Deportes]
[Do Xoves, 30 de Novembro do 2017 ao Xoves, 30 de Novembro do 2017]
Presentación Campionato Galego de Grappling e MMA Amateur
Presentación Campionato Galego de Grappling e MMA Amateur
As probas terán lugar no Pavillón Municipal Pablo Herbello a partir das 15.30 horas, e participan clubs de toda Galicia
O Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu acolle este sábado, 2 de decembro, o Campionato Galego de Grappling e MMA Amateur, que se celebrará entre as 15.30 e as 20.00 horas e no que participarán clubs de toda a comunidade galega. Así o destacou o presidente do Club de Loita Morrazo, Fabián Thiebaut, durante a rolda de prensa celebrada este mediodía no salón de plenos da Casa do Concello, onde declarou que se trata do primeiro campionato galego oficial de deporte base. Neste acto estivo acompañado por Félix Juncal, alcalde de Bueu e de parte dos rapaces e rapazas do Club.
Os gañadores tanto na base como en senior, nas categorías masculina e feminina, serán os seleccionados para o campionato de España que se disputará en Valencia o 24 e 25 de febreiro de 2018. Así mesmo, na modalidade de MMA (Artes Marciais Mixtas) clasificaranse para o campionato de España que será en xuño do vindeiro ano.
Segundo os datos barallados polo Club de Loita Morrazo, no campionato participan catro clubs da comunidade. De entre eles, repartiranse os seguintes premios: Premio ao Mellor Club Grappling,1º, 2º e 3º premio en MMA e Grappling, tanto en masculino como feminino, e 1º,2º e 3º en categoría base.
É importante destacar que neste campionato só participan loitadores amateur, posto que aqueles loitadores que combaten de forma profesional non poden competir.
O Grappling é un modo de loita usado en diferentes artes - marciais, e defínese como unha compilación lóxica e efectiva de técnicas dirixidas a derrotar a un adversario mediante técnicas como proxeccións, varridos, luxacións, inmobilizacións, escapes, contrachaves... Actualmente, o grappling é un deporte híbrido que combina moitos estilos, tanto modernos como históricos de loita e artes – marciais.
Cartel Campionato Grappling
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029