Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O XVI FESTIVAL SONRÍAS BAIXAS CELEBRARASE O 2,3 E 4 DE AGOSTO DE 2018
[Cultura]
[Do Luns, 04 de Decembro do 2017 ao Luns, 04 de Decembro do 2017]
A organización vén de lanzar o vídeo resumo da pasada edición
O Festival SonRías Baixas de lanza o vídeo resumo da pasada edición e anuncia que a súa XVI edición encherá de novo Bueu de festivaleiros os días 2, 3 e 4 de agosto de 2018.

O pasado verán, o SonRías Baixas converteu Bueu no epicentro do rock e das músicas do mundo, ao encher a vila de festivaleiros e festivaleiras procedentes de diversos puntos do mapa. Quedou patente que o evento é moito máis que un festival, é toda unha experiencia que unifica unha localización urbana e natural única cunha completa programación musical e cultural que combina a música con disciplinas como a gastronomía ou o audiovisual. Desde a zona de acampada á beira da praia ata as propostas musicais e gastronómicas, todo foi artellado de tal xeito que se creou unha experiencia única para todos os asistentes.

O Festival SonRías Baixas 2017 supuxo para Bueu unha inxección económica de 1.500.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca e a bares e restaurantes da zona sen existencias nalgúns casos. Coa finalidade de que a actividade do Festival repercutise o máximo posible na zona, priorízase a busca de profesionais e empresas proveedoras a nivel local. Así, na pasada edición, contratáronse os servizos de 135 proveedores e máis de 400 persoas traballaron durante a celebración do evento, a maior parte, xente da comarca.

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan "de Festivaleiros para Festivaleiros" por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles. Unha proposta á que o pasado ano se sumou o patrocinio da principal marca de cervexa de Portugal, Super Bock, nunha alianza natural entre un dos festivais con máis personalidade e proxección do Estado e a gran marca da música e dos eventos culturais do país veciño que se manterá tamén na edición de 2018.

Accede ao vídeo dende a ligazón inferior.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029