Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O ALCALDE DE BUEU E A PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN VISITAN AS OBRAS DO ESTALEIRO DA BANDA DO RÍO
[Urbanismo]
[Do Luns, 04 de Decembro do 2017 ao Luns, 04 de Decembro do 2017]
Visita inicio obras rehabilitación Estaleiro da Banda do Río
Visita inicio obras rehabilitación Estaleiro da Banda do Río
A primeira fase da actuación está financiada con cargo ao Plan Concellos 2016 da institución provincial // No acto, presidenta e alcalde destacaron a importancia deste proxecto para a historia e cultura do municipio
O Estaleiro da Banda do Río, tamén coñecido como de Purro, arrancou as obras de rehabilitación esta semana dun xeito moi especial, xa que nesta tarde a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, acompañou ao alcalde da vila, Félix Juncal, na visita realizada ao lugar, na que tamén estiveron o arquitecto municipal, e técnicos da empresa contratista, Coviastec. Ademais, tamén estiveron presentes os concelleiros/as do goberno municipal Xosé Leal (tamén deputado provincial), Martín Villanueva, Silvia Carballo, Fidel Castro e Ana Isabel Otero, o voceiro de ACB-SON, Julio Villanueva, e o do PSOE, José Manuel Vilas, e a directora do Museo Massó, Covadonga López.
A restauración do Estaleiro da Banda do Río é un dos proxectos punteiros do goberno local, xa que se trata do único estaleiro da ría de Pontevedra que conserva unha carpintería de ribeira, unha característica da idiosincrasia dun pobo mariñeiro. O estaleiro sitúase no dominio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, aínda que foi informada a súa concesión para as obras ao Concello de Bueu fai xa dous anos.
O proxecto de rehabilitación desta primeira fase foi adxudicado á empresa Coviastec por un importe de 209.012,00 € IVE incluído. Nestas obras está prevista a consolidación estrutural, ademais da substitución de todos os elementos de cubertas e a execución dun peche perimetral de vidro e madeira que permita a visión dende o espazo urbano da estrutura do estaleiro. Así o destacou o alcalde durante a visita, onde lembrou que despois dun longo proceso, por fin “este proxecto tan importante para Bueu comeza a facerse realidade”.
Juncal explicou que a primeira fase se rematará a comezos da primavera e que se complementará cunha segunda, que vai con cargo ás axudas do Grupo de Acción Local da Ría de Pontevedra (GALP), e que incluirán o acondicionamento do lugar con contidos expositivos, museísticos, unha pasarela de madeira interior, iluminación e videovoxilancia. A idea é, pois, que no interior se manteñan unha exposición de embarcacións tradicionais, e que exista un espazo para a realización de actividades divulgativas.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa satisfacción pola posta en marcha e boa acollida do Plan Concellos, que fai que os gobernos locais da provincia destinen aos recursos aos proxectos máis idóneos e demandados pola cidadanía. Silvia concretou que esta rehabilitación vai permitir “recuperar o noso patrimonio, que permanecerá como sinal de identidade e coma un foco de atractivo nacional e internacional”. Neste sentido, e como ben salientou a presidenta, “non se trata de destruír, senón de manter”. Aproveitou tamén este acto para anunciar que no pleno deste mes a Deputación vai aprobar as bases do Plan Concellos 2018, que levan incorporada unha novidade, e é que vai permitir aos concellos solicitar un anticipo da liña de investimentos da anualidade do 2019, co gallo de fomentar a realización de proxectos máis ambiciosos.
Con esta restauración, o estaleiro recuperará o seu valor histórico e cultural, e complementarase co Museo Massó, institución que apoiou dende o inicio este proxecto. A directora do Museo lembrou que o estaleiro é xa un elemento histórico, pois “no Museo Massó atopamos unha fotografía de comezos do século XX onde xa se mostra que nesa época existía unha carpintería de ribeira neste mesmo emprazamento”.
Por último, hai que destacar que o Concello xa dispón dunha páxina web específica sobre o estaleiro (www.estaleirodepurro.gal), con información sobre o proxecto e o concurso de ideas, cunha breve referencia á carpintaría de ribeira e ás embarcacións tradicionais que tanta relación teñen con el.
Visita inicio obras rehabilitación Estaleiro da Banda do Río
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029