Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ADQUIRIRÁ DIVERSO MOBILIARIO PARA ACTIVIDADE MUNICIPAL
[Cultura]
[Do Martes, 05 de Decembro do 2017 ao Martes, 19 de Decembro do 2017]
As empresas interesadas en participar no proceso de licitación dispoñen de prazo ata o 19 de decembro
O Concello de adquirirá diverso mobiliario para a actividade municipal así como para os locais das parroquias. Este material, cun orzamento de 38.846,65 €, servirá de apoio para as actividades que se organizan en todo o municipio, tanto polo Concello como polas asociacións e clubs.
En concreto, solicitaranse cadeiras de diversas características, mesas polivalentes rectangulares e pregables rectangulares, armarios con portas baixas e mobles vitrina. O proxecto tamén establece a necesidade de contar con diversos complementos e aparatos electrónicos, como dous xogos tradicionais de chave, catro xogos de petanca, catorce espellos icoloros, seis antenas de televisión, seis televisores, cinco pizarras laminadas móbiles e unha interactiva con rodas, un soporte móbil para pizarra dixital e un proxector de curta distancia.
As empresas interesadas en participar no proceso de licitación dispoñen de prazo ata o 19 de decembro (o anuncio foi publicado este luns no BOPPO). Deberán presentar un sobre A, coa documentación acreditativa da vontade de participar na licitación do contrato administrativo, e outro sobre B, coa oferta económica.
O proxecto irá con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra e substitúe o de rehabilitación da cuberta do colexio infantil de A Pedra, dados os problemas detectados para acreditar a titularidade deste edificio. Con todo, dende a alcaldía declaran que as obras no colexio se realizarán de igual forma, dado que é un compromiso adquirido coa directiva e co alumnado do centro.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029