Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
ABERTO O PRAZO DE LICITACIÓN PARA A REHABILITACIÓN DA CASA DO CONCELLO
[Urbanismo]
[Do Luns, 11 de Decembro do 2017 ao Martes, 19 de Decembro do 2017]
Casa do Concello de Bueu
Casa do Concello de Bueu
O anuncio foi publicado na Plataforma de Contratación do Estado e o prazo de presentación de ofertas esténdese ata o 19 de decembro
A Casa do Concello de Bueu será rehabilitada ao abeiro dunha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra, cun importe de 47.721,59 €, IVE incluido. A necesidade de acometer esta obra vén determinada polo mal estado no que se atopan algunhas das dependencias do edificio, que data do ano 1906. O prazo de presentación das ofertas é de oito días, a contar dende este luns, cando foi publicado o anuncio na Plataforma de Contratación do Estado, rematando polo tanto o 19 de decembro.
A actuación, que ten un prazo de execución de dous meses, vai consistir no reforzamento da estrutura, pintado dalgúns paramentos, renovación do cableado e rede de datos, barnizado do chan de madeira, reparación de portas de paso interior, redistribución do espazo interior, ademais de instalación de ventilación nos aseos da planta baixa e segunda. Así se especifica no proxecto técnico elaborado polo arquitecto municipal, Fernando Baeza, despois da análise de patoloxías realizada a finais do pasado ano pola empresa Bureau Veritas.
Esta obra ten carácter de urxencia, dado que a estrutura na que se asentan as dependencias municipais non é totalmente segura, tal e como se puxo de manifesto coa análise realizada. O edificio data de 1906 e foi reformado no 2002, cando se creou o segundo andar, onde nestes momentos se atopa a alcaldía, a Axencia de Desenvolvemento Local, e os despachos dos técnicos de urbanismo.
As empresas interesadas en participar no proceso de licitación deberán entregar dous sobres. O sobre A conterá a documentación administrativa (declaración responsable, documento de indicación dos datos a efectos de notificacións electrónicas, documento de atoparse ao corrente dos deberes tributarios e de Seguridade Social), e o sobre B fai referencia á oferta económica.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029