Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CIM DE BUEU PARTICIPA NUN PROGRAMA DE ATENCIÓN CON NENOS E NENAS QUE SUFRIRAN VIOLENCIA DE XÉNERO
[Igualdade]
[Do Martes, 12 de Decembro do 2017 ao Martes, 12 de Decembro do 2017]
Reunión sobre o Programa de Asesoramento e Terapia a menores vítimas de violencia de xénero
Reunión sobre o Programa de Asesoramento e Terapia a menores vítimas de violencia de xénero
A actuación, financiada pola Xunta de Galicia, consistirá no asesoramento e terapia de nenos, nenas e adolescentes que sufriran violencia de xénero // As sesións comezarán a mediados de xaneiro e acollerán a sete menores durante un ano
O Concello de Bueu participará este ano nun programa de atención a fillos/as de vítimas de violencia de xénero, co que se busca lograr unha atención máis activa para os menores que sufriran esta situación. Esta tarefa levarase a cabo no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu, cuxa sede se atopa na rúa Eduardo Vincenti nº28.
Precisamente a directora do CIM, Montserrat González, mantivo esta mañá unha reunión cos responsables da Fundación Meniños, Fernando De la Cueva e Xema Cabana, que son os que van desenvolver a actuación. Este programa forma parte dun Acordo de Colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG).
En concreto, trátase dun Programa de Asesoramento e Terapia familiar con nenos e nenas que sufriran de maneira directa a violencia de xénero, avaliando as feridas emocionais e as posibles consecuencias que poden traducirse en dificultades de aprendizaxe, socialización ou mesmo de alta tolerancia ás situacións de violencia. As sesións realizaranse con periodicidade semanal a partir de mediados de xaneiro, e nelas participarán un total de sete menores durante un ano.
A Fundación Meniños traballa dende o ano 1996 con programas de protección da infancia e da adolescencia, moi en relación con garantir o seu dereito a vivir en familia.
As liñas de intervención propostas están baseadas no documento “Impacto da violencia de xénero sobre nenos, nenas e adolescentes: guía de intervención”. Nel infórmase da necesidade de visibilizar a infancia nestas situación, recoñecer a súa condición de vítimas de violencia de xénero e adoptar as medidas necesarias para a súa recuperación e benestar.

Máis información: https://www.meninos.org/
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029