Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PRESENTA A XI CAMPAÑA DE EDUCACIÓN NON SEXISTA
[Igualdade]
[Do Martes, 19 de Decembro do 2017 ao Martes, 19 de Decembro do 2017]
Viñeta gañadora e imaxe do calendario (Autoría: Marta Piñeiro Torres)
Viñeta gañadora e imaxe do calendario (Autoría: Marta Piñeiro Torres)
O acto de entrega de calendarios coa imaxe da campaña celebrouse este martes no IES Johán Carballeira de Bueu
O IES Johán Carballeira de Bueu acolleu no mediodía deste martes a presentación da XI Campaña de Educación Non Sexista, na que estiveron presentes Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, Teresa López, edil de educación, e Montserrat González, directora do Centro de Información as Mulleres (CIM). A presentación consistiu na entrega dos calendarios confeccionados coa imaxe gañadora do certame de viñeta e ilustración “A igualdade no traballo” convocado con motivo do 8 de marzo, no que Marta Piñeiro Torres, resultou gañadora deste certame.
Entre os obxectivos desta campaña está a eliminación dos roles e estereotipos sexuais, favorecer as relación de equidade entre o alumnado e rexeitar a desigualdade, así como sensibilizar dun xeito activo ao alumnado, a fin de erradicar a violencia de xénero e as relacións de poder asimétricas. Durante o acto, Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, destacou que “a igualdade debe ser real dende a infancia”, e por iso agradeceu aos rapaces e rapazas que ano a ano participan nas diversas campañas organizadas dende o CIM.
No mesmo sentido falou a edil de educación, que reiterou o papel que xoga a formación para lograr acabar con esta lacra social, xa que “vós sodes o futuro”, sentenciou. E é que unha das liñas de traballo máis importantes do CIM de Bueu é precisamente o impulso da coeducación, da educación en valores e libre de desigualdades para lograr un mundo máis xusto.
Hai que salientar que xa a comezos do ano que vén se vai presentar o IV Plan de Igualdade, que terá unha vixencia de catro anos e que será o instrumento básico á hora de traballar a igualdade dende os diferentes eixos.
Presentación da XI Campaña de Educación Non Sexista
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029