Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Obras e Servizos
Voltar
O CONCELLO DE BUEU CELEBROU ESTE LUNS DÚAS MESAS DE CONTRATACIÓN
[Obras e Servizos]
[Do Martes, 19 de Decembro do 2017 ao Martes, 19 de Decembro do 2017]
Infografía do resultado da Praza Massó
Infografía do resultado da Praza Massó
Para a obra de acondicionamento da Praza Massó presentáronse un total de catorce empresas e para a segunda fase de pavimentación do Camiño do Outeiro concorreron dez
O Concello de Bueu celebrou este luns dúas mesas de contratación, nas que se deron a coñecer as ofertas económicas e as empresas presentadas para as obras de acondicionamento da Praza Massó e da segunda fase de pavimentación do Camiño de Outeiro.
Para o acondicionamento e mellora da Praza Massó, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, presentáronse catorce ofertas, sendo a de Rocas Graníticas del Condado S. L, cun importe de 48375,80 €, a máis vantaxosa. Con todo, esta oferta incorre en baixa desproporcionada, ao igual que as presentadas por Coto de Uz Proyectos y Obras SL (48837,90 €), Construcciones y Proyectos Abilleira SL (49485,83 €), e Acry de Promociones y Obras SL (49973,00 €). A estas empresas váiselles requirir documentación que xustifique a viabilidade da oferta co fin de proceder á adxudicación.
Segundo o proxecto técnico, o obxectivo desta actuación é adecuar un espazo que actualmente se atopa obsoleto, dado que o estanque está en mal estado de conservación, o que impide o goce da cidadanía. Así, as obras proxectadas van consistir na execución de recheo, pavimentación, instalación dunha fonte transitable e adaptación da contorna para persoas con mobilidade reducida.
A Praza Massó, creada no 2009 como una zona de lecer e de celebración de diversos eventos ao aire libre, contará proximamente cunha fonte de iluminación LED e un sistema interactivo de xogo, co que se reforzará o carácter lúdico da mesma. O espazo ocupado pola fonte será de aproximadamente 7,00 m x 7,40 m, non ocupando a totalidade do estanque actual.
Ademais, esta instalación funcionará en circuíto pechado, non precisándose máis achega de auga que a necesaria para repoñer as perdas causadas pola evaporación e o vento, prevéndose a instalación de equipos de tratamento de auga e cloración.

Obras de pavimentación no Camiño do Outeiro
No que respecta ás obras de pavimentación da segunda fase do Camiño do Outeiro optan dez empresas, das cales a oferta máis vantaxosa é a presentada por Construcciones Obras y viales SA (COVSA), cun importe de 36603,01 €, que incorre en baixa desproporcionada e que por iso deberá xustificar a viabilidade da oferta. Esta obra correspóndese coa pavimentación do vial entre a Casela e o Outeiro, cunha distancia aproximada de 500 metros, onde se realizarán cunetas, ampliarase o sobreancho do camiño e incluso se canalizarán as augas pluviais, con cargo a unha subvención inserida no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Esta pavimentación forma parte dun proxecto máis extenso e correspóndese coa segunda fase do mesmo. A primeira, que abrangue entre o lugar de Meiro e a Casela, farase con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra e suporá a mellora de máis dun quilómetro de vial e a recollida das grandes cantidades de auga que circulan por el e que dificultan o tránsito sobre todo na época invernal.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029