Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
O CONCELLO DE BUEU INICIA OS OBRADOIROS DE MEMORIA PARA MAIORES EN XANEIRO
[Benestar Social]
[Do Mércores, 20 de Decembro do 2017 ao Martes, 16 de Xaneiro do 2018]
Cartel Obradoiros de memoria
Cartel Obradoiros de memoria
As sesións desenvolveranse martes e xoves dende as 10 ás 11.30 horas, no Centro Social do Mar e na Casa do Pobo de Beluso, a partir do 16 de xaneiro // Xa está aberto o prazo de preinscrición, que se deberá facer presentando a solicitude no Rexistro
A concelleira de obradoiros sociais, Inmaculada Rodríguez, vén de anunciar que xa está aberto o prazo de preinscrición para participar nos obradoiros de memoria para persoas maiores, que arrancarán o 16 de xaneiro. Estes talleres, que pretenden estimular a memoria e o envellecemento activo, desenvolveranse todos os martes e xoves en horario de 10 a 11.30 horas, tanto no Centro Social do Mar como na Casa do Pobo de Beluso.
Esta iniciativa, que forma parte do fomento das políticas sociais activas do goberno local de Bueu, conta con algunhas novidades, sobre todo no que atinxe á periodicidade, xa que os talleres serán anuais (con descanso no verán) e non trimestrais como ata o de agora. Isto é así debido a que se detectou un gran interese por parte dos e das participantes de anos anteriores, idea que retomou a concelleira.
Os obxectivos que se perseguen son o fomento do envellecemento activo, o aumento na calidade de vida dos destinatarios, o coñecemento de novas actividades de ocio e tempo libre, a mellora nas relacións sociais, etc.

A folla de preinscrición podedes descargala no arquivo de abaixo.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029