Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Deportes
Voltar
O BUEU ATLÉTICO BALONMÁN CELEBRA O SEU 40 ANIVERSARIO CON VARIOS EVENTOS
[Deportes]
[Do Xoves, 21 de Decembro do 2017 ao Xoves, 21 de Decembro do 2017]
Cartel 40 aniversario Bueu Atlético Balonmán
Cartel 40 aniversario Bueu Atlético Balonmán
Todas estas actividades terán un marcado carácter solidario, pois realizarase unha recollida de alimentos non perecedoiros e xoguetes para as familias máis necesitadas do municipio
O Bueu Atlético Balonmán cumpre o seu 40 aniversario, efeméride que celebran por todo o alto, cunha serie de eventos deportivos que se estenderán dende finais de decembro ata xaneiro. Así o salientaron dende a directiva do club, rexentada por Román Blanco, nunha rolda de prensa celebrada esta tarde no salón de plenos da Casa do Concello, onde tamén estivo presente Manuel Otero, concelleiro de deportes, e Irene Vilaboa, a adestradora do club. Todos estes eventos terán un marcado carácter solidario, pois realizarase unha recollida de alimentos non perecedoiros e xoguetes para as familias máis necesitadas do municipio.
A programación arranca este sábado, 23 de decembro, cando se celebrará na Praza Massó unha xornada especial de Balonmán na Rúa, entre as 10.30 e as 12.30 horas. Dende a directiva anímase a toda a familia a participar, pois ademais de balonmán, tamén se poderá gozar de xogos populares, a actuación do grupo de contacontos Polo Correo do Vento e da visita de Papa Noel, que repartirá caramelos entre a rapazada.
O 29 de decembro, no Pavillón Municipal Pablo Herbello, Antón Rei, técnico de medioambiente e xogador de 1ª plantilla, impartirá unha charla sobre os residuos medioambientais e mariños ás 17.00 horas, e ao remate terá lugar unha festa para todos os equipos da base do club.
O 30 de decembro pola mañá (entre as 9.30 e as 14.30 horas) terá lugar no Pavillón Municipal Pablo Herbello o torneo de balonmán base no que participarán varios equipos da provincia, e pola tarde (a partir das 16.00 horas), o torneo interxeneracional entre xogadores que formaron parte do Club dende a súa fundación no ano 1977.
O 7 de xaneiro presentaranse todos os equipos do Bueu Atlético Balonmán, dende os benxamíns aos veteráns a partir das 10.30 horas, e a continuación, e como colofón disputarase o partido co Frigoríficos do Morrazo.
Presentación programa 40 aniversario do Bueu Atlético Balonmán
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029