Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Obras e Servizos
Voltar
O CONCELLO DE BUEU INSTALA UNS POSTES E UNHA MALLA DE NYLON NA PISTA MULTIDEPORTE DE AS LAGOAS
[Obras e Servizos]
[Do Venres, 29 de Decembro do 2017 ao Venres, 29 de Decembro do 2017]
Estado da pista multideporte das Lagoas
Estado da pista multideporte das Lagoas
A obra tivo un orzamento de 2845,46 euros, con cargo a un remanente do PPOS 2015 da Deputación
O Concello de Bueu acometeu unha mellora na pista multideporte das Lagoas, que consistiu na instalación duns postes e unha malla de nylon, con importe de 2845,46 euros, con cargo a un remanente do Plan De Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra 2015. Con cargo a este Plan, o Concello xa realizara hai dous anos a obra de construción da pista multideporte, cun orzamento de 31.944 €, que incluíron un valado perimetral de 22 x 12 metros cadrados de superficie para unha pista que incrementou a oferta de ocio e permite aos nenos e nenas que habitualmente xogan na Praza Massó a disposición dun espazo alternativo coas máximas garantías.
Agora procedeuse a esta mellora das instalacións nunha pista que se emprega para a práctica de deportes como o fútbol ou o baloncesto, entre outros.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029