Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
O CONCELLO DE BUEU CLAUSUROU ESTE VENRES O OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
[Benestar Social]
[Do Venres, 29 de Decembro do 2017 ao Venres, 29 de Decembro do 2017]
Participantes no obradoiro de risoterapia
Participantes no obradoiro de risoterapia
No curso, financiado no marco do programa provincial Tecendo Lazos, participaron vinte e catro persoas de diversas idades, que compartiron experiencias arredor da terapia da risa
O Concello de Bueu, no marco do programa da Deputación de Pontevedra Tecendo Lazos, organizou un obradoiro de risoterapia creativa anti – estrés, que se celebrou no Centro de Benestar Social (r/ Eduardo Vincenti nº28) todos os venres pola tarde desde novembro. A actividade, na que participaron vinte e catro persoas, clausurouse este venres coa entrega de diplomas por parte da concelleira de infancia e mocidade, Inmaculada Rodríguez.
Este obradoiro tratou dinámicas e xogos da ximnasia da risa. Entre os temas que se impartiron, técnicas de liberación e desbloqueo, así como prácticas de humor e relaxación, xogos de comunicación e expresión corporal, xogos de fantasía e bromas prácticas. O obxectivo primordial é fomentar a comunicación e contacto interxeracional e promover unha actitude positiva ante a vida.
É o segundo ano que o Concello de Bueu participa na iniciativa Tecendo Lazos, xa que no 2016 se impartiu un obradoiro de cociña baixo o lema de “Larpeiradas da terra” durante o que pequen@s e maiores compartiron experiencias culinarias aos fogóns.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029