Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
CABALGATA DOS REIS MAGOS 2018
[Cultura]
[Do Xoves, 04 de Xaneiro do 2018 ao Venres, 05 de Xaneiro do 2018]
O Concello instala unha carpa na zona de As Lagoas para recibir aos Reis Magos
Chova ou non chova, os REIS MAGOS estarán en Bueu o 5 de xaneiro.

Pola mañá, a partir das 12, recibirán aos rapaces e rapazas que queiran entregarlle as súas cartas na sala de exposicións Amalia D. Búa (a partir da mesma hora poderá visitarse o Belén Vivinte instalado no vestíbulo do Centro Social do Mar).

Ás 18 horas está prevista a saída da Cabalgata dende a zona de Pescadoira. Despois de percorrer as rúas do pobo , a comitiva rematará na CARPA instalada en As Lagoas. Tras saudar á veciñanza e ler o seu esperado discurso, os Reis despediranse dos rapaces e rapazas de Bueu cun gran espectáculo pirotécnico.

PERCORRIDO DO DESFILE: A Cabalgata sairá da zona de Pescadoira,irá por Montero Ríos ata Francisco Escáneo (pista da Banda do Río), dende onde se incorporará á rúa Pazos Fontenla para seguir ata o cruce con Johán Carballeira, onde dobrará para rematar na carpa.

En caso de que a chuvia non permita a realización do desfile, os Reis irán directamente para a CARPA.

O sábado 6 de xaneiro, a partir das 18:00, a carpa acollerá unha FESTA INFANTIL DE REIS coas actuacións de PETER PUNK e do grupo UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029