Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTARSE AOS PREMIOS JOHÁN CARBALLEIRA DE POESÍA E XORNALISMO
[Cultura]
[Do Martes, 09 de Xaneiro do 2018 ao Martes, 09 de Xaneiro do 2018]
Premios Johán Carballeira Poesía e Xornalismo
Premios Johán Carballeira Poesía e Xornalismo
Os orixinais poden enviarse, ou ben fisicamente ou por correo electrónico, antes do 16 de xaneiro
O Concello de Bueu lembra que o prazo para presentar orixinais aos Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo remata o 16 de xaneiro, é dicir dentro dunha semana.
Todas as persoas que desexen participar poderán enviar por correo ordinario ou electrónico as súas obras escritas en galego. Ambos premios están dotados con 1500 euros, e no caso do de poesía, o Concello publicará coma todos os anos o poemario gañador da man da Editorial Xerais. O fallo do xurado cos gañadores darase a coñecer publicamente nun acto organizado con motivo das Letras Galegas.
Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, e tivo como gañadoras na pasada edición a María Reimóndez co poemario “Galicia en bus”, e na categoría de xornalismo, o galardón recaeu en dúas mulleres: María Obelleiro, pola reportaxe “O apartheid sanitario na Galiza” e Montse Dopico polo traballo “Galaxia vs Galaxia. A construción da hexemonía cultural”.

Con moita historia
O certame Johán Carballeira conta xa con moita historia e teñen galardoado na categoría de xornalismo a Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias ou Arturo Sánchez Cidrás, Antón Lopo, entre outros; e na categoría de poesía, a poetas tan recoñecidos como Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés, Ismael Ramos, Pura Tejelo…

As bases completas podedes velas premendo na ligazón de abaixo.
María Reimóndez foi a gañadora da pasada edición na categoría de poesía
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029