Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas
Voltar
UNHA NOVA REGATA DE TRAIÑEIRAS A CONTRARRELOXO NA MEMORIA DE PEPE O RUSO
[Deportes]
[Do Venres, 12 de Xaneiro do 2018 ao Venres, 12 de Xaneiro do 2018]
Cartel III Regata Memorial Pepe o Ruso
Cartel III Regata Memorial Pepe o Ruso
A proba celebrarase este domingo, 14 de xaneiro, e contará coa participación de vinte e oito tripulacións de clubs de toda a comunidade
Tras o éxito das dúas primeiras edicións, o Club do Mar de Bueu, coa estreita colaboración do Concello de Bueu, organiza este domingo, 14 de xaneiro, o III Memorial Pepe o Ruso, unha regata a contrarreloxo na que participarán un total de 17 clubes e 28 embarcacións.
Esta proba xurdiu no ano 2016 como unha homenaxe a unha persoa da vila que traballou durante moitos anos e dunha maneira totalmente desinteresada polo deporte do remo, o señor José Novas Fazanes, máis coñecido como “Sr Pepe” ou “Pepe o Ruso”. Así o explicaron na rolda de prensa celebrada hoxe no Concello de Bueu, os membros da directiva do Club do Mar, Rosa María Carballo e Javier Pazos. Así mesmo, Manolo Otero, concelleiro de deportes, destacou a “traxectoria de Pepe O Ruso, unha figura clave á que hai que recoñecer a súa achega e manter no recordo do Club do Mar”.
A saída desta regata “emotiva e importante” terá lugar ás 11.30 horas a cargo da primeira das traiñeiras, a tripulación Rianxo Escola, e a última será Tirán A. Así, a orde de saída nesta regata establécese en función da clasificación dos clubes na LIGA GALEGA e na ACT.
Aínda que non se trata dunha proba de carácter competitivo, entregarase unha bandeira ao gañador da proba na categoría sénior masculina, así como un trofeo á embarcación feminina que realice o percorrido no menor tempo. O percorrido será de 5500 quilómetros, e arrancará no peirao, ata Agrelo, logo Banda do Río, Cabalo, e volta ao peirao, sendo moi vistoso e atractivo para os visitantes.

Clubes participantes
Neste regata de pretempada están confirmados os seguintes clubes: Club de Remo de Meira, con dúas tripulacións sénior, Amegrove, cunha tripulación, Rianxo, con dúas tripulacións sénior e unha de veteráns, Muros, unha senior, Mecos, unha sénior, Virxe da Guía, unha sénior e outra de veteráns, Club de Mariñeiros de Mera, unha sénior, Vilaxoán, unha sénior, Cabo de Cruz, unha feminina máis dúas sénior, Cesantes, unha sénior, Perillo, unha sénior, Club do Mar de Bueu, unha sénior e outra mixta, Vila de Cangas, unha sénior, Chapela, dúas sénior, Ares, dúas sénior, Mugardos, unha sénior e outra mixta, e Tirán, dúas sénior e unha de veteráns.
Presentación da III Regata Memorial Pepe O Ruso
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029