Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O DOMINGO CELÉBRASE EN BUEU O V TRAIL DE CELA, UNHA COMBINACIÓN DE CARREIRA E ANDAINA
[Deportes]
[Do Venres, 12 de Xaneiro do 2018 ao Venres, 12 de Xaneiro do 2018]
Cartel V Trail de Cela
Cartel V Trail de Cela
Os participantes sairán ás 10.00 horas dende a zona do Igrexario de Cela
O Club de Atletismo Corredoiras e o Concello de Bueu organizan este domingo, 14 de xaneiro, o V Trail de Cela, unha iniciativa deportiva que combinará unha andaina de 18 quilómetros e un trail de 24 quilómetros. As inscricións péchanse este venres e xa hai un total de 166 participantes no trail, e 132 na andaina, segundo os datos recollidos polo Club Corredoiras. Precisamente, o presidente e vicepresidente do Club, Ricardo Verde e Carlos Soage, estiveron na rolda de prensa de presentación da proba acompañados do concelleiro de deportes bueués, Manolo Otero.
Os participantes sairán ás 10.00 horas dende a zona do Igrexario de Cela e percorrerán o mesmo circuíto que o ano pasado, atravesando os lugares de Beloso, O Río, Casal, Barraca, con subida ao río Frade, a Cruz de Ermelo, baixada á serra de Coiro, Paralaia e volta ata Cela. No caso da andaina, o traxecto será só ata Ermelo e volta.
Segundo destacaron os presentes, existirán tres postos de avituallamento espallados ao longo do percorrido da proba: dous de líquidos á altura do quilómetro 6 e 11, e outro de líquido - sólido ao remate. Ademais existirán duchas no colexio do CEIP A Torre de Cela, que cede as instalacións para esta proba.
As categorías están divididas en absoluta, de entre 18 e 44 anos de idade, e veterán, de 45 anos en diante. Deles entregaranse trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina, e na andaina, trofeos para os tres primeiros clasificados sen distinción de sexo.
Ademais haberá un premio para os dous primeiros locais, que son os homes ou mulleres que cheguen antes á meta e que sexan da localidade de Bueu.
Presentación V Trail de Cela
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029