Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA COA ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTORES VARIAS CHARLAS SOBRE A VESPA VELUTI
[Medio Ambiente]
[Do Venres, 12 de Xaneiro do 2018 ao Sábado, 03 de Febreiro do 2018]
O concelleiro de medio ambiente nunhas xornadas sobre a vespa velutina
O concelleiro de medio ambiente nunhas xornadas sobre a vespa velutina
Estas reunións buscarán concienciar á veciñanza e ás diversas asociacións sobre a importancia do trampeo para erradicar esta lacra que atenta contra a natureza
O Concello de Bueu e a Asociación Galega de Apicultores organizan ao longo deste mes de xaneiro varias charlas informativas sobre a problemática social da vespa velutina e como está afectando esta aos diversos municipios, dado o seu espallamento dos últimos tempos. Así, estas reunións buscarán concienciar á veciñanza e ás diversas asociacións sobre a importancia do trampeo para erradicar esta lacra que atenta contra a natureza.
Así o salientou o concelleiro de medio ambiente, Adrián Ferrer, quen está mantendo contactos cos diversos colectivos para buscar a colaboración e a asistencia a estas charlas, que arrancarán o 20 de xaneiro, ás 17.00 horas no Centro Sociocultural de Cela, e na Casa da Aldea de Meiro (nas dependencias da Axencia de Lectura) ás 19.30 horas. As seguintes celebraranse o 26 de xaneiro, ás 20.15 na Casa do Pobo de Beluso, o 27 de xaneiro, ás 18.30 horas, na Sala Domínguez Búa, e o acto central terá lugar o 3 de febreiro ás 18.30 horas no Centro Social do Mar.
Hai que lembrar que o Concello de Bueu está apoiando a loita contra a vespa velutina e, neste sentido, adheriuse o pasado ano á Plataforma Stop Vespa Velutina, que supuxo o apoio a un documento de mínimos asinado por varios colectivos e concellos que esixirá a asunción de competencias por parte da Consellería de Medio Ambiente – no ámbito de Galicia- e máis do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente – no ámbito estatal- para impulsar a investigación, fomentar a loita preventiva, solicitar a creación dun organismo único e implementar a labor de divulgación social neste eido.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029