Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O IV PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE BUEU ENTRA ESTE ANO EN VIGOR
[Igualdade]
[Do Luns, 15 de Xaneiro do 2018 ao Luns, 15 de Xaneiro do 2018]
Consello da Igualdade celebrado o pasado ano
Consello da Igualdade celebrado o pasado ano
O plan terá unha vixencia de catro anos e porá o foco de atención nas medidas preventivas dende a educación
O IV Plan para a Igualdade de mulleres e homes (2018-2021) do Concello de Bueu entrará en vigor este ano, despois de que se dese conta aos grupos políticos municipais na Comisión de Portavocía do Goberno celebrada este xoves, e tras a aprobación que terá lugar na sesión plenaria do próximo xoves, 18 de xaneiro.
Segundo salienta a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, “o plan vai ser unha ferramenta ante todo realista, con accións que se van levar a cabo nos diferentes eidos e que recolle unha política integral de promoción da igualdade”. Aínda que as áreas de actuación van na liña das de plans anteriores (educación e cultura, formación e emprego, ocio e deporte, participación política e social, saúde e benestar, conciliación da vida laboral, familiar e persoa, e violencia de xénero), incidirase de maneira especial na educación como chave para cambiar a mentalidade, así como para mellorar a coordinación entre todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero.
Así, o plan vai incidir en varias cuestións fundamentais. A primeira é difundir o plan a todo o persoal técnico, axentes sociais, empresariado e cidadanía en xeral; a segunda é formar na perspectiva de xénero ao persoal político e técnico para garantir a consecución da igualdade. Tamén se establecerá o criterio de igualdade de oportunidades na valoración de convocatorias de subvención e nas licitacións públicas municipais, e velar polo cumprimento dunha linguaxe e imaxe non discriminatoria en toda a cartelería, documentación, publicidade, proxectos e ofertas de emprego, e introducir como obriga na realización dos traballos a desagregación de datos por sexo. Así mesmo, o plan establece medidas e propostas concretas en cada unha das áreas, co obxectivo de implicar a toda a sociedade.

A realidade da violencia machista
Na presentación que Félix Juncal, alcalde de Bueu, realiza sobre o plan, declara que “nestes tempos convulsos xorde o posmachismo e o neomachismo e as súas filosofías como unha nova estratexia contra a igualdade, atacando ás feministas e a súa falta de credibilidade, presentando ás mulleres como seres perversos que esixen medidas que as benefician para facerlle dano aos homes”. Segundo o seu prólogo ao texto do Plan de Igualdade, non se trata de equiparar a muller ao home, senón de pensar na igualdade como valor, e non na igualación como reparto. A estrutura social de privilexios masculinos e de discriminación ancestral das mulleres non se pode corrixir de súpeto. É preciso que os homes fagan unha revisión crítica do seu papel na historia e da súa posición na actualidade. Realizar tarefas na casa e responsabilizarse como pais non é suficiente cando o resultado é aínda a desigualdade.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029