Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ARRANCA OS OBRADOIROS DE MEMORIA PARA MAIORES
[Benestar Social]
[Do Martes, 16 de Xaneiro do 2018 ao Martes, 16 de Xaneiro do 2018]
O alcalde visitou aos participantes nos obradoiros de memoria de Bueu
O alcalde visitou aos participantes nos obradoiros de memoria de Bueu
O alcalde de Bueu visitou aos participantes dos talleres do Centro Social do Mar na mañá deste martes // As sesións desenvolveranse martes e xoves dende as 10 ás 11.30 horas, no Centro Social do Mar e na Casa do Pobo de Beluso
Este martes, 16 de xaneiro, arrancaron os obradoiros de memoria para persoas maiores, que se celebrarán todos os martes e xoves de 10.00 a 11.30 horas tanto no Centro Social do Mar como na Casa do Pobo de Beluso. Neles participan un total de trinta e seis persoas (vinte e tres en Bueu, e trece en Beluso). O alcalde da vila, Félix Juncal, visitou aos participantes de Bueu durante a mañá deste martes, onde lembrou que “os talleres se desenvolverán ata xuño, e de setembro a decembro, dado que en anteriores anos medrou o interese da poboación”.
Esta iniciativa, que forma parte da implementación de políticas sociais activas do goberno local de Bueu, ten como obxectivos o fomento do envellecemento activo, o aumento na calidade de vida dos destinatarios, o coñecemento de novas actividades de ocio e tempo libre, a mellora nas relacións sociais, etc.
Os talleres son levados a cabo polos Centros de Día Pescadoira e Centro de Día Contigo, ambos de Bueu. A metodoloxía que levarán a cabo ambos será a de fomento das capacidades da persoa para buscar a súa autodeterminación. Así, as actividades propostas terán que ver coa memoria, a linguaxe, a orientación espacial e temporal, o cálculo, as secuencias e a lectura e escritura. O custe dos obradoiros será de 10 euros mensuais.

Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029